PL-01 Solicitude de informe policial derivado dun accidente de tráfico
Dirixido a
Calquera persoa física ou xurídica coa condición de interesado no procedemento
Como facelo
As persoas xurícas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 únicamente poderán presentalo de forma electrónica.
PRESENCIALMENTE
A solicitude debe descargarse/imprimirse e despois de cuberto e asinado xunto coa documentación a achegar, se é o caso, pódese presentar en:
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Con cita previa chamando ao teléfono 981944000 ext- 230 Luns a Venres: 09-14 h.
ELECTRÓNICAMENTE
Para presentar a solicitude de manera electrónica, vostede deberá:
Cubrir o modelo de Solicitude de informe que corresponda. No caso de "Solicitude de informe policial por accidente de tráfico" faga constar o número de dilixencias previas se o coñece.
Asinar electrónicamente tanto o modelo como a demáis documentación que se achegue.
Tramitar unha “Nova solicitude electrónica” onde se engadirá a documentación a presentar.
Unha vez feita a solicitude electrónica vostede obterá o xustificante de rexistro de entrada no Concello.
Observacións
Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.
Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.