Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

Solicitude de alta, cambio de domicio ou modificación de datos no Padrón de Habitantes

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón do municipio onde resida habitualmente. Os que vivan en máis dun municipio, inscribiranse no que residan durante máis tempo ao ano.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen a proba da residencia no municipio e o enderezo habitual no mesmo e son utilizados para a actualización do Censo Electoral.

Os veciños deben comunicar as variacións nos seus datos de inscrición, especialmente los cambios de domicilio dentro do término municipal.

Os menores de idade non emancipados e os maiores incapacitados deben figurar empadroados con os pais que teñan a garda e custodia o, no seu defecto, cos seus representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir noutro domicilio.

No prazo máximo para resolver o empadroamento é de tres meses a partires da solicitude, segundo o establecido no artigo 21.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


INSTRUCCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA
  • Se se solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e provincia de procedencia. Se procede do estranxeiro, indique o país e, de ser o caso, o consulado español onde estaba inscrito. Se é o caso de tralado de domicilio dentro do mesmo municipio indique no recadro: mesmo municipio.

  • Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivese empadroada con anterioridade en ningún municipio, indique no recadro do municipio de procedencia: ningún. Do mesmo xeito cubrirase este recadro para a inscrición de nenos acabados de nacer.

  • Para a correción e actualización dos datos que constan na súa inscrición padroal, risque o dato incorrecto e escriba o correcto no espazo ou recadro situado debaixo deste.

  • A folla cuberta debe ser asinada pola persoa que realiza o trámite, se o seu obxecto é a corrección ou actualización de datos. Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todos os maiores de idade que se inscriban. De se incorporaren novos habitantes a unha folla existente, ademais deberá asinar a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita na folla.

  • Cubra o recadro Número de persoas inscritas nesta folla, para garantir a inalterabilidade dos espazos que puidesen quedar en branco.

  • Se ten algunha dúbida, resolveráselle no momento de presentar a folla no Concello.

Como Facelo
  • - ELECTRÓNICAMENTE : Pode achegar a folla padroal cuberta xunto co resto de documentación requirida. A folla padroal deberá ir cuberta e asinada electrónicamente. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediente o sistema Cl@ve e acceder á tramitación elctrónica premendo no botón Rexistro electrónico desta solicitude.

    - PRESENCIALMENTE : Na oficina de Estatística do Concello previa cita telefónica que poderá obtela chamando ao teléfono 981 944 000 extensión 236 en horario de 9:00 a 14:00 horas.




- Hoja padroal cumprimentada e asinada.

- Documentación acreditativa da identidade:

  • Españois: DNI (obrigatorio para maiores de 14 anos)

  • Extranxeiros:

- Cidadáns de Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza: Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, no que conste o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE), xunto co documento acreditativo da identidade ou pasaporte expedido polas autoridades do seu país.

- Resto: Tarxeta de identidade de extranxeiro expedida polas autoridades españolas, na que conste o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE) ou, no seu defecto, pasaporte expedido polas autoridades do seu país.

  • Menores de idade:

    - Ata os 14 anos: Libro de Familia ou Certificado de nacemento, no caso de que non dispoñan dun documento de identificación.

    - Maiores de 14 anos: os mesmos documentos de identificación exixidos para os maiores de idade.

Os documentos de identificación deben estar en vigor.


- Documentación acreditativa de representación de menores e incapacitados

  • Menores non emancipados: Libro de Familia ou Certificado de nacemento.

  • Empadronamiento con un solo progenitor:

- Resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia do menor e a declaración responsable de estar en vigor e non existir outra posterior que modifique os seus términos, segundo o modelo suministrado polo Concello.

- Se a garda e custodia é compartida, aportarase o mutuo acordo de ambos proxenitores.

- Se non existe resolución xudicial será necesaria unha autorización do outro proxenitor. No seu defecto, deberá aportarse declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispor da sinatura do outro proxenitor, segundo modelo suministrado polo Concello.

  • Incapacitados: Resolución xudicial que acredite a representación legal.

- Documentación acreditativa do domicilio

- Título de propiedade (Escritura, contrato de compravenda, Nota do Rexistro...).

- Contrato vixente de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do último recibo de alquiler.

- No caso de Autorización de persoa empadroada: título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, alquiler...) a nome da mesma.


Cando se cumprimenten ou presenten autorizaciones acompañaránse fotocopias dos documentos de identidade dos autorizantes.


EMPADROAMENTO DE MENORES



Empadroamento con ambos proxenitores. No caso de que se solicite a inscrición ou cambio de domicilio dun menor con ambos proxenitores, exisirase ademáis a cumplimentación da folla padronal ou formularios para que se notifiquen ao Concello os datos da inscrición, asinada polos dous.

Empadroamento cun solo dos proxenitores, cando non exista separación ou divorcio ou non existe resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia (separacións de feito o separacións en tramitación).



No caso de que solicite a inscrición ou cambio de domicilio dun menor cun solo dos proxenitores e non exista unha resolución xucial que se pronuncie sobre a garda e custodia, deberase exisir ademáis a sinatura de ambos. A sinatura do outro proxenitor non incluido na folla padroal poderá recollerse na mesma, se estivera habilitada para elo, ou nunha autorización por escrito que acompañe á folla padroal.

Cando excepcionalmente non se dispoña da sinatura de ambos proxenitores, deberá aportarse unha declaración responsable facendo constar que ambos ostentan a garda e custodia do menor e que non existe resolución xudicial que se pronuncie ao respecto, xustificando a imposibilidade de dispor da sinatura do outro proxenitor e que o menor convive co mesmo.. (Declaración responsable do proxenitor - Sen resolución xudicial sobre a garda e custodia)



Empadroamento cun solo dos proxenitores, cando existe resolución xudicial que se pronuncia sobre a garda e custodia:



-Garda e custodia atribuida en exclusiva a un proxenitor. Nos supostos de garda e custodia de menores atribuida en exclusiva a un proxenitor en virtud de resolución xudicial, corresponderá a este instar as inscricións dos menores no Padrón ou as modificacións dos seus datos, de acordo co artigo 54.2 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.

Para elo, xunto coa resolución xudicial, deberá aportarse unha declaración responsable de que dita resolución está en vigor, que non existe outra posterior que modifique os termos da garda e custodia e que o proxenitor que realiza a solicitude non se encontra incurso en algún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1.c) ou 158.3.c) do Código Civil. (Declaración responsable do proxenitor - Aportando resolución xudicial sobre a garda e custodia)



-Garda e custodia compartida por ambos proxenitores. Nos supostos de garda e custodia de menores compartida por ambos proxenitores, se a resolución xudicial pola que se fixa a mesma non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, o Concello exigirá proba documental de que existe mutuo acordo entre os proxenitores antes de tramitar calquer modificación do domicilio do menor e, en caso de que non se poida acreditar o mutuo acordo, deberá exisir a presentación dunha nova resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento, e non levar a cabo a modificación en tanto non se aporte algún dos documentos anteriores.

Empadroamento de menores nun domicilio distinto ao dos pais que ostenten a súa garda e custodia.Para o empadroamento de menores nun domicilio distinto ao dos pais que ostenten a súa garda e custodia requerirase a autorización por escrito de ambos, ou dun deles xunto coa correspondente declaración responsable (Declaración responsable do proxenitor con ou sen resolución xudicial sobre a garda e custodia).





Menores tutelados. Nos supostos de tutela, acollemento, etc. a representación acreditarse mediante a aportación da resolución xudicial ou administrativa correspondente.


  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

  • Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

  • Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.

  • Resolución do 29 de abril de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se ditan instruciones técnicas aos concellos sobre a xestión do Padrón municipal.


Volver
Rexistro electrónico