Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-03 Comunicación Previa de cambio de titularidade das actividades

Calquer persoa física o xurídica que desexe realizar unha comunicación previa de cambio de titularidade das licenzas de actividade.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Impreso CP-03 de comunicación previa cambio de titularidade das licenzas de actividade. ( * non necesario na tramitación online)
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Carta de pagamento da autoliquidación provisional: serán confeccionadas no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar).
  • Certificado de EMAFESA xustificativo de que o local está dado de alta no servizo de subministración de auga potable para a actividade a desenvolver (solicitarase no local sito na Praza da Ilustración, 5-baixo). No caso de ser o propietario do local achegará fotocopia do contrato de subministración de auga potable a nome do solicitante.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (escritura de compravenda ou contrato de arrendamento, etc).
  • Fotocopia da licenza de apertura anterior ou documentación que a acredite.


Volver
Rexistro electrónico