Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-05 Comunicación Previa para inicio de obras menores

Calquer persoa física o xurídica que desexe realizar unha comunicación previa para inicio de obras menores.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Se o interesado non utiliza a vía telemática podrá descargar o/os impreso/s desde esta páxina, dende a sección de Documentación administrativa relacionada ou acudir ó Rexistro do Concello de Ferrol, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Impreso CP-05 de comunicación previa para inicio de obras menores onde se describirán as obras que se pretende realizar, indicando o enderezo das mesmas, con especificación da superficie, dimensións, indicación de materiais e, con carácter xeral, dos elementos que xustifiquen o orzamento que se propón para a realización das obras. ( * non necesario na tramitación online)
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Cartas de pagamento da autoliquidación provisional: serán confeccionadas no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar) en base aos datos sobre orzamentos proporcionados polo solicitante, debendo ser asinada copia ou ben xustificante de recepción pola persoa que presente a comunicación que asinará en representación do solicitante. As cartas de pagamento poderanlle ser notificadas ao solicitante por medio de correo electrónico que se faga constar no modelo normalizado de solicitude.
  • Plano de situación da obra en cartografía oficial que será proporcionado polo particular solicitante se o posúe ou ben proporcionado polo Concello a través dos servizos de deliñación (Edificio de Urbanismo, 4º andar).
  • Reportaxe fotográfica da fachada da edificación e da zona da obra.
  • Nos casos de presentar documentación técnica: Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Autorizacións preceptivas e concesións administrativas que fosen precisas


Volver
Rexistro electrónico