Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-06 Comunicación Previa de inicio de actividade

Calquer persoa física o xurídica que desexe realizar unha comunicación previa de posta en funcionamento de actividades inocuas.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Impreso CP-06 de comunicación previa de posta en funcionamento de actividade inocua. ( * non necesario na tramitación online)
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Carta de pagamento: será confeccionada no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar)
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (escritura de compravenda, contrato de arrendamento, etc)
  • Certificado de EMAFESA xustificativo de que o local está dado de alta no servizo de subministración de auga potable para a actividade a desenvolver (solicitarase no local sito na Praza da Ilustración, 5-baixo). De ser o propietario do local o solicitante, poderá achegar a fotocopia do contrato de subministración de auga potable ao seu nome.
  • Certificado de fin de obras das obras, conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan/comunicacións previas presentadas, asinada polo/a técnico/a director/a e visada polo colexio profesional correspondente.
  • Certificado de illamento acústico do local expedido por empresa homologada, asinado por técnico/a competente da empresa homologada (PARA ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA)
  • Instalación de sonómetro homologado co correspondente limitador, para locais de actividades susceptibles de contaminación acústica en edificacións de uso residencial.
  • Autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • Autorizacións e informes sectoriais preceptivos.


Volver
Rexistro electrónico