Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-07 Comunicación Previa de obras maiores e peches

Calquer persoa física o xurídica que desexe obter unha comunicación previa de obras maiores e peches.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"


Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Impreso CP-07 de comunicación previa de obras maiores e peches.
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Carta de pagamento: será confeccionada no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar).
  • Autorizacións para a ocupación do dominio público e sectoriais que resulten preceptivas.
  • En edificacións en situación de fóra de ordenación, achegarase a renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación.
  • RELACIÓN DE OBRAS MAIORES SUXEITAS AO RÉXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA:
    • REFORMA DE VIVENDAS QUE MODIFIQUEN A DISTRIBUCIÓN INTERIOR SEN AFECTAR A ESTRUTURA DO EDIFICIO.
    • SUBSTITUCIÓN INTEGRAL DO REVESTIMENTO DE FACHADAS, TRATAMENTO INTEGRAL DE MEDIANEIRAS, ACTUACIÓNS INTEGRAIS DE CUBRICIÓN DE PATIOS OU TERRAZAS E SUBSTITUCIÓN INTEGRAL DE MATERIAL DE CUBRICIÓN SEN AFECTACIÓN ESTRUTURAL
    • OBRAS PUNTUAIS DE REESTRUTURACIÓN OU CONSOLIDACIÓN
    • INSTALACIÓN DE INFRAESTRUTURAS COMÚNS DE TELECOMUNICACIÓNS, INSTALACIÓNS INTEGRAIS PRIVATIVAS DAS VIVENDAS E CENTROS DE TRANSFORMACIÓN EN EDIFICIOS
    Nestes casos deberán achegar a seguinte documentación técnica:
    • Proxecto técnico completo redactado por técnico competente (incluído estudo de seguridade e saúde) e declaración do técnico/a/s facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa ordenación urbanística de aplicación.
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
    • Nomeamento do técnico director da obra, do técnico director da execución da obra e do técnico responsable da seguridade e saúde da obra.
    • Reportaxe fotográfica.
  • INSTALACIÓN DE NOVOS ELEMENTOS PUBLICITARIOS EN LOCAIS COMERCIAIS (rótulo, toldos, bandeirolas, etc). Nestes casos deberán achegar a seguinte documentación técnica:
    • Plano de situación e emprazamento en cartografía oficial a E 1:2000 (solicitarase no servizo de deliñación sito no Edificio de Urbanismo, 4º andar)
    • Memoria descritiva da instalación que se pretende e croquis acoutado, indicando materiais e acabados e planos a escala do rótulo no que se indiquen as dimensións e posición do mesmo respecto da beirarrúa, así como da fachada do edificio onde se pretende a colocación
    • Orzamento desglosado da obra ou actuación a realizar.
    • Reportaxe fotográfica.
  • CONSTRUCIÓN DE PECHES E VALADOS E SOLARES (excepto muros de contención). Nestes casos deberán achegar a seguinte documentación técnica:
    • Para peches con fronte a vía pública: acta de líña e rasante
    • Para peches sen fronte a vía pública: plano acoutado, indicando a localización do peche solicitado, a escala 1:500.
    • Memoria descritiva indicando os materiais, a altura e a lonxitude do peche.
    • Orzamento desglosado da obra ou actuación a realizar.
    • Reportaxe fotográfica (fotografía do edificio, lindantes e tramo de rúa, no seu caso).

As obras relacionadas que afecten ao patrimonio histórico-artístico estarán suxeitas ao deber de obtención de previa licenza municipal.


Volver
Rexistro electrónico