Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-09 Comunicación Previa de obras para instalacións ou estacións radioeléctricas

Calquer persoa física o xurídica que desexe obter unha comunicación previa de instalacións ou estacións radioeléctricas.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Impreso CP-09 de comunicación previa de obras para instalacións ou estacións radioeléctricas. ( * non necesario na tramitación online)
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Carta de pagamento: será confeccionada no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar) debendo ser asinada copia ou ben xustificante de recepción pola persoa que presente a comunicación que asinará en representación do solicitante.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble ou do espazo para a instalación (contrato de arrendamento, escritura de compravenda, etc.)
  • Xustificación da aprobación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do proxecto de instalación de telecomunicacións que inclúa a totalidade dos sistemas a implantar
  • Proxecto técnico da instalación asinado por técnico competente, incluíndo os planos de situación en cartografía oficial e deslinde, plantas, alzados e seccións da instalación e xustificación do cumprimento das Esixencias Básicas do “Código Técnico da Edificación” e demais normativa sectorial de aplicación. O proxecto deberá recoller expresamente que dito emprazamento está autorizado no Programa de Implantación que corresponda e aprobado polo Concello de Ferrol, así como que deberá adecuarse ás determinacións da Ordenanza municipal de instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas, ao PXOM e do planeamento de desenvolvemento de aplicación.
  • Nomeamento do técnico director da obra, director de execución e coordinador de seguridade e saúde.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) dos técnicos competentes no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Reportaxe fotográfica, incluíndo fotografías da totalidade da fachada, nos casos de instalacións sobre cubertas de edificios existentes e da zona de instalación, subscrita polo solicitante e polo técnico competente redactor da documentación.
As obras relacionadas que afecten ao patrimonio histórico-artístico estarán suxeitas ao deber de obtención de previa licenza municipal.


Volver
Rexistro electrónico