Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

002 Solicitude de acceso á información pública

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder do Concello de Ferrol.

O dereito de acceso á información pública exercerase conforme ao procedemento establecido na Ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización de datos do Concello de Ferrol, non sendo necesario que a/o solicitante motive a súa solicitude de acceso á información.

Lexislación relacionada :

•Ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización de datos do Concello de Ferrol

•Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia

•Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

A/O solicitante, débe cumprimentar o formulario de solicitude de acceso á información á que se quere ter acceso, sinalando a identidade da/o mesma/o, a información que solicita, un enderezo de contacto, así como a forma na que desexa recibir a información.

A presentación da solicitude pode realizarse:

•No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol (Planta baixa) en horario de 09:00 a 14:00 horas

•Portal do Cidadán do Concello de Ferrol

O sentido do silenzo administrativo será NEGATIVO

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun tamaño máximo por documento de 8 MB e un límite total de 20 MB.

Oficina responsable : Participación cidadá

Enderezo : Praza de Armas, s/n. Segunda planta. 15402 Ferrol

Teléfono : 981.944.000 Ext. 219

Email: participacion@ferrol.es


Volver
Rexistro electrónico