Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

CP-02 Comunicación Previa de obras de adaptación do local para o exercicio da actividade

Calquer persoa física o xurídica que desexe realizar unha comunicación previa de actividade con obras de acondicionamento.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun tamaño máximo por documento de 8 MB e un límite total de 20 MB.

  • Impreso CP-02 de comunicación previa de actividade con obras de acondicionamento. (non necesario na tramitación on-line)
  • Datos identificativos do solicitante:
    • Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Carta de pagamento: será confeccionada no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar).
  • Proxecto técnico das obras de adaptación a realizar, asinado por técnico competente, incluíndo os planos de situación e deslinde, plantas, alzados e seccións do estado actual e reformado do local e xustificación do cumprimento das Esixencias Básicas do Código Técnico da Edificación, regulamentos técnicos específicos obrigatorios e normativa urbanística municipal. O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función da súa natureza e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido. Orzamento desglosado por capítulos e unidades de obra.
  • Proxecto técnico da actividade (ou Memoria de instalacións no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico competente, no que se inclúa a descrición detallada das instalacións, equipos, e medidas correctoras necesarias para o seu desenvolvemento, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos ou administrativos, asinada por técnico competente.
  • Certificación expedida por facultativo competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, seguridade e solidez, accesibilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade
  • Nomeamento do técnico director da obra, do técnico director da execución da obra e do técnico responsable da seguridade e saúde da obra.
  • Reportaxe fotográfica, incluído fotografías da totalidade de fachada e do interior do local, subscrita polo solicitante e polo técnico competente redactor da documentación.
  • Autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • Autorizacións e informes sectoriais preceptivos.


Volver
Rexistro electrónico