Novas

venres, 18 de setembro de 2015

O Concello de Ferrol suspende a ordenanza que amparaba unha taxa de saneamento por unha depuración inexistente

A medida foi aprobada en pleno extraordinario polo Goberno local co respaldo de BNG e CS e a oposición do grupo do PP.


O Concello de Ferrol suspende a ordenanza que amparaba unha taxa de saneamento por unha depuración inexistente

O Concello de Ferrol aprobou hoxe en pleno extraordinario a suspensión da taxa do saneamento cos votos a favor da equipa de Goberno, e o apoio de BNG e Ciudadanos. O PP votou en contra. 

O acordo, que foi ditaminado favorablemente, pasa pola suspensión da aplicación da ordenanza fiscal que sustenta ese tributo ao consideralo un cobro indebido a veciñanza por un feito impoñible que non se estaba producindo como era a obriga de tratar as augas residuais da ría na estación de cabo Prioriño (EDAR) que, tal e como ven denunciando este Executivo desde o 28 de agosto, non se estaba producindo e que se ocultou nunha grande estafa a cidadanía. 

A suspensión da ordenanza reguladora da taxa pola depuración de augas residuais ten carácter automático e do que se lle da conta, de inmediato, a empresa mixta Emafesa, onde Socamex -Urbaser é o socio privado que ten a competencia na parte técnica da xestión. 

A suspensión deste tributo era un compromiso que tiña manifestado o Goberno local e que era de xustiza. “Abre un camiño a derrogación definitiva da taxa, que debe vir amparada nos informes xurídicos na protección dos intereses dos veciños e da Administración local”, defendeu o rexedor, Jorge Suárez. 

“En calquera visita que se faga a EDAR de Prioriño, calquera pode ser consciente de que alí non se depura nada”, recordou hoxe o concelleiro de Servizos, Bruno Díaz. “O que hai é unha estación depuradora que non depuraba nada é un bombeo a cano libre, e semella que o PP impuxo unha taxa de case depura un pouquiño”, ironizou. 

O edil defendeu a suspensión desa taxa como una “cuestión irrenunciable” para o actual Executivo, que optou pola prudencia de adiar a súa derrogación definitiva ata obter o dictame dos servizos xurídicos e recompilar todos os documentos e informes precisos -como o resultado da auditoria independente a Emafesa- sobre unha cuestión que se antoxa “complexa” e que require de pasos firmes e decisivos. 

A suspensión deste tributo chega logo de que o Goberno local destapara o fraude na EDAR de Cabo Prioriño onde o socio privado de Emafesa tiña a encomenda pública de tratar as augas residuais que incumpriu desde agosto do 2014 nun proceso cheo de irregularidades que o Concello de Ferrol vai poñer en coñecemento da Fiscalía para que depure as responsabilidades que procedan. 

O Goberno local mantén o compromiso de devolver aos veciños o importe do recibo xa cobrado, se entende que de xeito indebido, coas fórmulas que recomenden os informes técnicos e xurídicos. 


ENSINO E CULTURA 

Noutro orde de cousas, na sesión deste venres tamén foi aprobado con unanimidade as bases da celebración do XXIX Concurso Internacional de Piano, que terá lugar do 20 ao 27 de novembro. 

Outras dúas propostas que sairon adiante foron as referidas ao convenio de colaboración coa Consellería de Cultura para a xestión do servizo de comedor escolar nos dez centros de ensino público do Concello e o nomeamento dos representantes municipais nos Consellos Escolares para o mandato 2015-2015. 

O Goberno local tamén escenificou hoxe o seu respaldo a comunidade escolar do CEIP de Recimil, na súa protesta “loitadora e valente” contra os recortes educativos impostos desde a Xunta de Galicia. 

Unha representante da ANPA foi escoitada na sesión a que asistiron mestres, pais e alumnos do colexio público do barrio. Minutos antes do inicio da sesión plenaria, que arrancaba as 10:00 e se prolongou ata as 14:30, se concentraron na porta do pazo municipal e sumaron o respaldo dos membros do Goberno local e dos edís do BNG. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar