Novas

luns, 22 de maio de 2017

A EDUSI FERROL NARÓN ACADA 10 MILLÓNS DE FONDOS FEDER PARA INXECTAR EN EMPREGO, BENESTAR SOCIAL E URBANISMO

Os dous municipios concorreron, por primeira vez, de forma conxunta cunha estratexia exitosa que supón unha inxección de optimismo para a cidade naval É a segunda subvención europea que logra Ferrol en maio logo de liderar un proxecto internacional para a recuperación do borde litoral atlántico con outras 7 cidades europeas premiada con 2,5 millóns de euros A EDUSI Ferrol-Narón artellase en torno a seis obxectivos temáticos que camiñan cara unha cidade intelixente, vertebrada, que se abre ao mar e comparte servizos e estratexias de desenvolvemento con Narón


A EDUSI FERROL NARÓN ACADA 10 MILLÓNS DE FONDOS FEDER PARA INXECTAR EN EMPREGO, BENESTAR SOCIAL E URBANISMO

Ferrol, 22 maio.- O Boletín Oficial do Estado publicaba hoxe luns, 22 de maio, a resolución das axudas do Ministerio de Facenda da segunda convocatoria dos Fondos Feder 2014-2020 pola que se lle conceden 10.000 millóns de euros a EDUSI presentada, por primeira vez e de forma conxunta, polos concellos veciños de Narón e Ferrol, como unha mesma área metropolitana.


É unha boísima nova pola que o Concello estaba agardando coa confianza de que a estratexia presentada -a primeira clasificada para esta segunda convocatoria- era a axeitada no interese dos veciños e veciñas de dúas localidades da ría de Ferrol que comparten moitas sinerxías e obxectivos para a consecución duns fondos europeos que se van a reinvestir na creación de emprego, no benestar social e no desenvolvemento urbanístico e na mellora da mobilidade.


Así o valoraban este luns en rolda de prensa o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, impulsora da estratexia para a que se contou coa asistencia técnica de María Ramos.


Ría de Ferrol: Cidade 2020 é a denominación formal que ten a EDUSI (Estratexia Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado) presentada de forma conxunta por Ferrol e Narón a convocatoria dos Fondos Feder 2014-2020, que abre as portas as axudas da Unión Europea (Fondos FEDER) para desenvolvemento rexional.


Aposta por pequenas e estratéxicas inversións en persoas, en iniciativas urbanas cohesionadoras que xeran motivos de orgullo e sentido de pertenza a un territorio.


Esta estratexia marca seis retos concretos, ou obxectivos temáticos no eixo urbano Ferrol-Narón:


  1. Mais alá do naval: Pulo as actividades de valor engadido no sectores tradicionais; sector terciario e cooperación estreira con grupos de desenvolvemento rural, da pesca e o marisqueo: Seitura, Gal Artabra 21; fomento dos nichos estratéxicos: rehabilitación e patrimonio, actividades marítimas, socioculturais especialmente as ligadas as chamadas TIC.

  2. Cidade da Ilustración: Potenciar a candidatura de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade da Unesco mediante a rehabilitación e posta en valor do propio patrimonio. Entronca cos obxectivos do proxecto de Recuperación e Valoración do Patrimonio Marítimo Militar e Industrial do litoral do Espazo Atlántico (MMIAH), que ven de acadar Ferrol a fronte dun consorcio internacional de 8 cidades dos Estados Atlánticos da UE para a recuperación do borde costeiro.

  3. Ola Mar: Abrir Ferrol ao mar é unha demanda cidadá e unha vella aspiración de todos os Gobernos con moita carga simbólica que se ten que acometer con delicadeza e diálogo a través de medidas de permeabilización das zonas costeiras, salvagardando a seguridade das instalación de Defensa e Navantia.

    Pasa pola mellora física do entorno e adecuación de sendas peonís e carrís bici para fomentar e favorecer o desfrute cidadán da propia ría, oculta tras dun muro.

    A maiores, implica unha serie de medidas de descontaminación como monitorización das variables físicoquímica (o que se deu en chamar Smart Ría ou ría intelixente), tendo en conta que se trata dunha zona particularmente sensible vulnerable.


  1. Ferrol Mola: Baixo este resumo sintético, cheo de optimismo e tan fácil de identificar para calquera veciños da contorna da ría, está a vontade de loitar para minimizar as carencias sociais, incrementar a calidade da paisaxe urbana, implementar medidas para a conciliación, potenciar o voluntariado e a cohesión social.


  1. Compacta, vertebrada e conectada: Aquí se introducen as accións urbanísticas que armonizan co veciño concello de Narón. A columna vertebral serían

    a) un carril bici e un viario humanizo entre ambos municipios que marque un antes e un despois na fisionomía urbana e na transición desa fronteira invisible.

    b) potenciar a alternativa del FEVE como un metro lixeiro en paralelo a Estrada de Castela como alternativa ao vehículo privado. Público, puntual, moderno, práctico, accesible e axeitado aos horarios e demandas dos cidadáns.

  2. Eficiente e dixital: Pasa pola reorganización dixital da obsoleta estrutura das dúas Administracións en aras de acadar a máxima eficiencia nun nivel supramunicipal acorde a Lei de Procedementos da Administración Electrónica, priorizando, dentro deste epígrafe, o ámbito social e de promoción económica a través da asistencia social e implementar algunhas funcións das smart cities como as paradas intelixentes.


Unha realidade territorial que demandaba unha acción conxunta


O convenio para concorrer a EDUSI con Narón fora aprobado no pleno ordinario do 26 de novembro do 2015. A distribución financeira do investimento para cada municipio é de 75% para Ferrol e 25% en Narón.


O desenvolvemento urbano da cidade de Ferrol vénse proxectando nos municipios da Ría desde hai décadas, especialmente de Ferrol a Narón ata configurar una área urbana xa recoñecida na planificación urbana e na ordenación territorial de Galicia.


Esta realidade viña demandando das Administracións locais a a necesidade de establecer accións coordinadas e compartidas por ambos municipios a prol dun desenvolvemento territorial equilibrado e dun desenvolvemento económico sustentable e socialmente inclusivo, encamiñados á mellora xeral da calidade de vida.


Como exemplos de accións concretas que se poden artellar baixo o paraguas do Plan Urban estaría a modernización electrónica da Administración e dos servizos públicos, exprimindo as oportunidades das TIC e avanzando cara a chamada Smart Cities; tamén as de reducir as emisións de CO2, potenciar medios de transporte amables co medio como a bicicleta e avogar con firmeza pola peatonalizacióon e o transporte público implementando un plan de mobilidade sustentable como parte dun enfoque integrado.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar