Novas

martes, 24 de outubro de 2017

FERROL PASEASE POLO LEGADO DE RICARDO CARVALHO CALERO NUN ROTEIRO LITERARIO SENLLEIRO

Será este sábado 28 con saída as 17:30 horas desde a Praza Vella, con caracterización e poemas musicados É de balde e non se precisa de inscrición previa Desde a concellería de Participación Cidadá tamén se está a ofertar novamente o roteiro de Ferrol Rebelde aos centros educativos de Secundaria do municipio como unha lección de historia viva


FERROL PASEASE POLO LEGADO DE RICARDO CARVALHO CALERO NUN ROTEIRO LITERARIO SENLLEIRO

Ferrol, 24 de outubro.- Ferrol lembrará esta sábado o extenso e excelso legado de Ricardo Carvalho Calero cun roteiro literario especial e específico na posta en valor da súa figura e a súa achega a lingua, a literatura e a historia de Galicia desde o seu berce, na nosa cidade.


O roteiro sairá as 17:30 horas desde a Praza Vella, a carón da súa casa natal, na rúa San Francisco e iniciará un percorrido pola súa traxectoria vital e académica. É de balde e non precisa de inscrición previa, será un paseo de uns 90 O roteiro conta co respaldo da Concellería de Educación e Cultura que encabeza Suso Basterrechea, que animou as veciñas e veciños a sumarse a esta actividade que nos permitirá afondar na nosa propia historia a través da historia vital de figuras destacadas como Carvalho Calero.


O Concello de Ferrol, por unanimidade de todos os grupos do arco municipal, leva anos propoñendo e reclamando a Real Academia Galega que adique a Calero o Día das Letras Galegas. Foi solicitado, por última vez e sen éxito, no ano 2016 co acordo plenario e tamén da Mancomunidade da ría de Ferrol.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-1990), poeta, ensaísta e dramaturgo con sobrados méritos acreditados como ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da USC, é fillo predilecto do Concello de Ferrol.


FERROL REBELDE, ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA PARA A ENSINANZA SECUNDARIA


Doutra banda, desde a Concellería de Participación Cidadá vense de ofertar aos centros de Educación Secundaria do municipio, a posibilidade de participar no roteiro Ferrol Rebelde, que xa ven funcionando con boa acollida desde o pasado ano.


Esta semana, foron un grupo de alumnos do IES Ferrol Vello os que tomaron parte no mesmo. (Achegamos foto)


¿Que é o Ferrol rebelde?

É un roteiro pola historia obreira de Ferrol que percorre os lugares máis significativos de cen anos de loita obreira. Dunha maneira amena procura aproximarse ao perfil humano dos seus protagonistas, aos documentos que produciron e aos ideais que os mobilizaron. O roteiro comeza en 1871 coa publicación en Ferrol do primeiro xornal obreiro de Galiza El trabajo e finaliza en 1975 co asasinato de Moncho Reboiras.


¿Por que un paseo por cen anos de historia obreira para Educación Secundaria?

Cómpre ofrecer a mocidade de Ferrol a posibilidade de a propia historia desde o punto de vista do movemento obreiro. Este roteiro procura divulgar a historia heroica do pobo traballador, reforzar a autoestima colectiva e tamén situar este movemento social no lugar central que lle corresponde na conquista dos dereitos democráticos. Con el, os alumnos e alumnas poderán achegarse dun xeito significativo a cen anos de historia recente, espertando unha nova mirada sobre lugares do seu día a día.


Ademais…

Este roteiro está acompañado de varios materiais para reforzar a integración dos contidos:


  • O profesorado inscrito recibirá unha proposta de temas curriculares que pode reforzar os días previos á visita de xeito opcional

  • Ao remate do roteiro, propónselles un reto para espertar a curiosidade pola historia recente da cidade e que sigan indagando nela


O roteiro son 90 minutos con saída desde o palco da Música do Cantón de Molíns.


Os centros educativos interesados aínda poden anotarse no teléfono: 698157414

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar