Novas

martes, 19 de decembro de 2017

O GOBERNO LOCAL RESPOSTA EN TEMPO E PRAZO AO CONSELLO CONSULTIVO

O oficio resposta a solicitude de aclaracións solicitada por este ente e que tivo rexistro de entrada o pasado 12 de decembro no Concello


Ferrol, 19 de decembro.- No día de hoxe, en tempo e prazo, foi remitido desde o Concello de Ferrol a resposta as aclaracións solicitadas polo Consello Consultivo, sito na rúa Algalia de Compostela,  en relación a 'procedencia do levantamento da suspensión da ordenanza reguladora da taxa de depuración de augas residuais.

O escrito do Consello Consultivo tivo rexistro de entrada neste concello o  pasado 12 de decembro.

Con este oficio, remitido esta mañá polo Goberno local, achégase un informe da Secretaría Xeral, nos termos definidos no artigo 14.3 da Lei 3/2014, no que se basea a solicitude de ditame, no que se especifica que corresponde ao Secretario da corporación municipal a función de asesoramento legal preceptivo nos termos do artido 3 do Real Decreto 1174/87.

Lembrar que, o Consello consultivo pode emitir ditames FACTULTATIVOS sobre - Cualquier otro asunto que afecte a la Administración de la Comunidad Autónoma o a las entidades locales de Galicia cuando, a juicio de la persona titular de la Presidencia de la Xunta de Galicia, lo requiera su especial trascendencia , pero non creo que este sea o caso cando está informado favorablemente e non estamos a falar dunha decisión política senón administrativa

O informe da SX do Concello conclúe que "dita cuestión non é relevante para a Comunidade autónoma e non requiere de ningún tipo de interpretación, e en todo caso, a aplicable será a lexislación básica do Estado".

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar