Novas

luns, 04 de xuño de 2018

O GOBERNO LANZA O PROGRAMA ‘FERROL+SOSTIBLE’ NA PROCURA DA CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL POR UNHA CIDADE MAIS SUSTENTABLE

O proxecto foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos e contempla unha serie de accións educativas e cidadáns acompasadas cun decálogo de boas prácticas A veciñanza pódese anotar xa no roteiro interpretativo e nas visitas guiadas a depuradora de Prioriño e a estación de bombeo


O GOBERNO LANZA O PROGRAMA ‘FERROL+SOSTIBLE’ NA PROCURA DA CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL POR UNHA CIDADE MAIS SUSTENTABLE

Ferrol, 4 de xuño.-  Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este martes 5 de xuño, o Goberno de Ferrol ven de lanzar ‘Ferrol+Sostible’, un proxecto transversal cunha ampla batería de medidas, accións e campaña de concienciación e sensibilización social que procura mudar comportamentos e hábito, desde as idades mais temperás, encamiñadas a unha cidade mais limpa, eficiente, verde e sustentable.

O programa ‘Ferrol+Sostible’, foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde, Jorge Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Luís Victoria. Tal e como expuxo hoxe o rexedor, este proxecto pretende axudar a mudar comportamentos e hábitos teñen que ver co medio ambiente e coa sustentabilidade da cidade cun obxectivo fundamental: xerar dende os barrios e rúas unha cidade máis limpa, onde se favoreza a unha maior eficiencia ambiental.

“Mudar conciencias dende o local ao global, para loitar contra a cambio climático e as súas consecuencias dramáticas onde cada “mudanza” e “xesto” individual redunda no ben colectivo”, manifestou o rexedor.

Trátase dun programa deseñado a longo prazo que vai mais aló do ano 2018 e que cada exercicio terá como protagonista unha temática relacionada co medio ambiente e coa sustentabilidade ambiental.

Neste 2018, os esforzos centraranse na reciclaxe con distintas accións e campaña complementarias a pé de rúa, tanto a nivel social e educativo como a actividades estratéxicas e desde o punto institucional.

 

1. Campaña ‘Movéndonos pola reciclaxe (18 ao 28 xuño)’: Esta campaña terá como protagonistas os barrios e as praias, nas que haberá animación nas rúas e nos areais (con animadores socioculturais) ademais da colocación dun stand cun educador ambiental (que se moverá pola cidade nestas datas). Os que acheguen poderán poñer a proba os seus coñecementos da reciclaxe a través do “reciclacesto”, xogo que trata de encestar nos contedores PROXECTO FERROL + SOSTIBLE (Campaña 2018) 2 axeitados os residuos.

Os/as participantes terán no stand a súa disposición unha “guía do bo reciclador” ademáis dun diploma de “bo reciclador” feito de papel de sementes (pódese plantar e aparece unha flor de tempada). Actividade estratéxica 2 (actividades programadas con mensaxe xeral)

2.      Alumeado de fachada, roteiros e visitas guiadas a EDAR e EBAR:

Este martes, e co gallo do Día Internacional do Medio Ambiente, terá lugar o alumeado da fachada, así como o día 8, día mundial dos Océanos, que iluminará o frontal do Pazo Municipal de cor azul. Ese mesmo día terá lugar unha visita guiada á EDAR de Prioriño e á EBAR da Malata, aberta a toda a cidadanía e de balde, para coñecer por dentro e guiados polos técnicos como é o proceso de bombeo e depuración da rede de saneamento da nosa ría, activa desde abril do 2017 con resultados ben notorios na calidade das nosas augas e na rexeneración da riqueza marisqueira. Cómpre realizar inscrición previa no 981944222 ou en aeu@ferrol.es. Ademais, este sábado 9 de xuño organizarase un roteiro interpretativo de balde polo Cantón para coñecer a súa biodiversidade organizado pola Aula de Ecoloxía Urbana. É necesaria inscrición previa no teléfono ou email anteriores.

3. Concurso de cortos e fotografías ‘Mobilízate pola reciclaxe’

A maiores, e xa no mes de outubro e novembro, logo do inicio do vindeiro curso escolar, comezaremos cunha campaña de sensibilización educativa ‘Mobilízate pola reciclaxe’ nos centros de secundaria do municipio, no que se organizarán charlas – obradoiros nos centros por parte dun educador ambiental, ademais dun certame de fotografías e curtos que terán como temática a reciclaxe e axeitada xestión dos residuos.

4. Campañas informativas de xuño e outubro para a veciñanza, colocadas en distintas zonas e soportes da cidade e estarán centrados nos residuos dos botellóns, nos vertedoiros incontrolados e na reciclaxe en xeral.

5. Guía de boas prácticas dirixidas aos traballadores do Concello, Unha guía de boas prácticas dirixida aos/as traballadores/as do Concello para facer unha “Oficina+Verde”. Nesta guía tamén aparecerán plasmados unha declaración de intencións para a propia institución respecto a redución do gasto de papel, un maior emprego de papel reciclado, así como o fomento da reciclaxe dentro das propias instalacións do concello. Esta guía estará a disposición de todos na propia páxina web do Concello e a través das nosas canles de difusión social. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar