Novas

venres, 06 de xullo de 2018

ABRIMOS AS INSCRICIÓNS DOS OBRADOIROS ‘JAZZ DE RÍA’ PARA GRANDES VOCES DE XENTE PEQUENA

O obradoiro está pensando para nenas e nenos de 5 a 12 anos e terá lugar nos días previos ao festival , do 17 al 19 de agosto entre Ferrol e Mugardos Os alumnos deste taller de jazz amosarán o aprendido nun concerto o xoves 16 no Baluarte, sobre o peirao de Curuxeiras


ABRIMOS AS INSCRICIÓNS DOS OBRADOIROS ‘JAZZ DE RÍA’ PARA GRANDES VOCES DE XENTE PEQUENA

Ferrol, 6 de xullo de 2018.-  As pequenas e pequenos amantes da música xa teñen un estupendo plan para o mes agosto. O Festival Jazz de Ría, a cabalo entre os Concellos de Ferrol e Mugardos, ven de abrir o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Jazz e Improvisación para grandes voces pequenas coa vontade de contribuír á formación jazzística das novas xeracións.

Impartirase, de balde, nos días previos ao II Jazz de Ría, do 17 al 19 de agosto. Esto é, o obradoiro vaise desenvolver desde o luns 13 ao xoves 16, de 10 a 14:00 horas para nenos de 5 a 12 anos no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

 

Durante o curso traballarase parcialmente en dous grupos: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos. Haberá actividades que desenvolverán os dous grupos xuntos e haberá actividades e información que se dará por separado para adaptar os contidos á idade das e dos participantes.                                                                        
 

A fronte desta experiencia, desde Asturias, Mapi Quintana  acompañada de Maite Heres.

 

O obxectivo desta actividade é aprender e divertirse, introducir ás crianzas neste xénero para favorecer a súa integración como público presente e futuro do Jazz de Ría; que se afagan no ámbito da improvisación, parte fundamental do jazz e contar coa voz como instrumento musical común a todas as realidadessociais. 

Ao remate desta residencia artística farase un concerto-mostra do aprendido que estará enmarcado na programación do festival Jazz de Ría.

 

Será o xoves 16 de agosto, as 20:00 horas, no Baluarte, un lugar prixilexiado de Ferrol con vistas a toda a Ría. Nesta actuación, as nenas e os nenos participantes da residencia mostrarán ao público o resultado da súa aprendizaxe, formando parte da programación do festival, co mesmo protagonismo que as outras bandas de jazz.

 

Participar no obradoiro é de balde!
Información e incricións en festivaljazzderia@gmail.com

 

 

Mapi Quintana Bellón 

Licenciada e máster en canto polo departamento de jazz do Conservatorio de Ámsterdam. É Profesora Máster Certificada (CMT) de Estill Voice Training System (EVTS). Foi mestra do grupo junior do Taller de improvisación de Gijón nos anos 2012 a 2017, directora da 1ª Aula de Jazz do Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Oviedo e mestra en dita aula de jazz nas súas dúas primeiras edicións. Dende 2009 imparte seminarios e obradoiros de jazz  e técnica vocal por diferentes cidades españolas. Na súa discografía conta con 9 discos, publicados con diferentes proxectos de España e Holanda, todos relacionados co jazz, a música tradicional e a improvisación. É parte do grupo vocal Femme Fetén e partilla proxectos cos músicos Elías García, Federico Lechner, Tomás Merlo, Andrés Litwin, Marco Martínez e Jacobo de Miguel, entre outros. Mapi será a mestra do grupo dos maiores (de 9 a 12 anos)

 

Maite García Heres                                                    
É licenciada en piano polo Conservatorio de Oviedo. Cursou obradoiros de dirección coral con Marco García de Paz, Basilio Astulez e Xavier Sarasola e especializouse en expresión corporal con Marta Schinka e Elena Ferrari. Na actualide está facendo un postgrado en Pedagoxía Musical en Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco).

Foi mestra do obradoiro de improvisación para nenos no Seminario de Improvisación de Siero en Xullo de 2016. É directora do Centro de Artes Escénicas 440, onde imparte as asignaturas de piano e educación musical temprana, e é directora do coro infantil do Real Grupo Covadonga de Xixón. É membra do coro El León de Oro. Maite será a mestra do grupo dos pequenos (de 5 a 8 anos
).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar