Novas

luns, 09 de xullo de 2018

O GOBERNO DE FERROL ASINA UN CONVENIO CON COGAMI A PROL DA INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Supón unha achega de 9.000 euros da Administración local para a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) Foi asinado este mediodía polo alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar, Saínza Ruiz, co vicepresidente da entidade, Ramón Sestayo


O GOBERNO DE FERROL  ASINA UN CONVENIO CON COGAMI A PROL DA INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ferrol, 9 de xullo.-  Este luns, a mediodía, asinamos un convenio con Cogami a prol da inserción laboral das persoas con discapacidade, polo que o Concello de Ferrol achega un total de 9.000 euros este 2018 para costear políticas activas con este obxectivo. 

O convenio foi rubricado no Salón de Recepcións do Pazo Municipal polo alcalde, Ferrol, Jorge Suárez, a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, e o vicepresidente de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Ramón Sestayo, con esta entidade para contribuir ao financiamento do Servizo de Intermediación laboral das persoas con discapacidade. 

O importe total da achega que se lle fai desde o Concello a COGAMI é de 9.000 euros. 

Segundo os datos desta entidade correspondentes a memoria do 2017, nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal hai 2.775 usuarios dos que un millar corresponden ao Concello de Ferrol, segundo explicaba hoxe Sestayo. O pasado ano, tramitáronse 184 solicitudes de emprego para persoas con discapacidade e logrouse a inserción de 233 en Galicia, ademais de impartirse, no marco deste proxecto, un total de seis cursos de formación. 


Tanto o rexedor como a concelleira, que aplaudiron o traballo feito por Cogami en Ferrol, subliñaban hoxe a importancia de apostar pola integración real das persoas con dispacidade desde a Administración local con política proactivas e achegas públicas para acadar este obxectivo. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar