Novas

martes, 10 de xullo de 2018

O GOBERNO ACHEGA 35.000 EUROS A TEIMA DOWN PARA PROMOVER O PROGRAMA PARTICIPANDO DE INCLUSIÓN NA VIDA ADULTA

O convenio foi asinado este mediodía polo alcalde, a concelleira de Benestar Social e a presidenta de Teima, Patricia Serantes no Pazo ferrolá


O GOBERNO ACHEGA 35.000 EUROS A TEIMA DOWN PARA PROMOVER O PROGRAMA PARTICIPANDO DE INCLUSIÓN NA VIDA ADULTA

Ferrol, 10 de xullo.- O Concello de Ferrol ven de asinar este mediodía o convenio de colaboración coa a Asociación Teima-Down para o desenvolvemento do Programa 'Participando. Inclusión na vida adulta'.


Foi rubricado este mediodía no Salón de Recepcións do Pazo Municipal polo alcalde, Jorge Suárez, a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, e Patricia Serantes, como presidenta da entidade.


A achega económica que fai o Concello neste 2018 é de 35.000 euros para o financiamento das actividades deste convenio, a través da Área de Benestar Social "valorando a necesidade de apoiar o traballo que desenvolven as asociacións e entidades de persoas con discapacidade, así como de coordinar accións para a mellora da calidade de vida, a autonomía e o acceso aos recursos deste colectivo", manifestaba Ruiz.


Os obxectivos que se perseguen coa sinatura deste convenio, e que se van desenvolver a través do programa 'Participando' son:


-Apoios ao desprazamento autónomo.

-Emprego de recursos comunitarios

-Autonomía doméstica

-Xestión Económica

-Habilidades Sociais e Comunicación

-Promoción e apoio ao ocio inclusivo e normalizado

-Habilidades básicas de lectoescritura e cálculo

-Manexo das tecnoloxías de comunicación

-Atención as familias

-Actuacións en relación con envellecemento


O alcalde, Jorge Suárez, quixo trasladar o seu apoio e admiración aos 'teimudos e teimudas', e felicitar a entidade, con mais de 25 anos de historia, como exemplo de esforzo e superación, todo un referente social no noso municipio.


VÍDEO 10.07.2018

https://goo.gl/kn27wt

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar