Novas

sábado, 04 de agosto de 2018

O NOSO MUNICIPIO, EN SITUACIÓN DE RISCO DE INCENCIO FORESTAL EXTREMO A CAUSA DA ONDA DE CALOR

Prohibido o lanzamento de fotos de artificio en zonas forestais, incluso aínda que fose autorizado previamente


O NOSO MUNICIPIO, EN SITUACIÓN DE RISCO DE INCENCIO FORESTAL EXTREMO A CAUSA DA ONDA DE CALOR

Ferrol, 4 de agosto.- En base ao artigo 37 da lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia no caso de índice de risco diario de incendio forestal extremo (como o que acontece hoxe) non está autorizado o lanzamento de fogos de artificio nas zonas forestais ou de influencia forestal quedando revocadas as autorizacións concedidas con anterioridade.

Recórdase, así mesmo, que durante a época de perigo alto (meses de verán) está prohibido, nas zonas agrícolas, forestais ou de influencia forestal, realizar fogueiras para recreo ou ocio ou para a preparación de alimentos, así como utilizar equipamentos de queima e combustión destinados a la iluminación ou elaboración de alimentos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar