Novas

luns, 06 de agosto de 2018

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBA O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN E LICITACIÓN DAS OBRAS DAS ENVOLVENTES DE RECIMIL (RÚAS NARÓN E 10 DE MARZAL)


A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBA O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN E LICITACIÓN DAS OBRAS DAS ENVOLVENTES DE RECIMIL (RÚAS  NARÓN E 10 DE MARZAL)

Ferrol, 6 de agosto.-  A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou o expediente de contratación administrativa e convocatoria de licitación das obras de rehabilitación das envolventes das edificacións situadas nas rúas 10 de marzal 1-4 e rúa Narón 1-6, no barrio de Recimil.

 

O importe de licitación desta obra fundamental para a mellora da eficiencia enerxética destes edificios ascende a algo máis de 1.450.000 euros (IVE incluído), divididos en 876.120 € para a rúa Narón e 575.000 € para a rúa 10 de Marzal.

 

Así mesmo, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de nove facturas por un importe inferior a 7.500 euros, o que mantén a liña de redución dos importes recoñecidos por esta vía que se vén rexistrando nos últimos meses.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar