Novas

martes, 07 de agosto de 2018

O CONCELLEIRO DE DEPORTES, SUSO BASTERRECHEA, PRESENTA A XXI MARCHA CICLISTA FERROLTERRA

Terá lugar o domingo 12 a partir das 9:00 h. con saída da Malata.


O CONCELLEIRO DE DEPORTES, SUSO BASTERRECHEA, PRESENTA A XXI MARCHA CICLISTA FERROLTERRA

Ferrol, 7 de agosto.-  Esta mañá foi presentada en rolda de prensa a XXI Marcha Ciclista Ferrolterra polo concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, acompañado do presidente do Club Ciclista Ferrol, Pedro Ausín. 


A Marcha terá lugar este domingo día 12, a partir das 9:00 horas, con saída desde A Malata. Será cicloturista e non competitiva, se ben haberá un tramo libre correspondente á subida ao Alto da Garita de Herbeira desde Cedeira e terá unha distancia total de 122 quilómetros.

A proba, de nivel medio alto, é aberta a calquera ciclista  maior de 15 anos. A inscrición está aberta ata este venres día 10 ás 14:00 horas e limitada a 200 prazas, das que xa están cubertas na actualidade un total de 150 procedentes das catro provincias galegas, Asturias e León e representando a un total de 45 clubes. Poden formalizarse por internet en www.clubciclistaferrol.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar