Novas

martes, 07 de agosto de 2018

PROGRAMACIÓN FESTAS DE FERROL 2018!!


PROGRAMACIÓN FESTAS DE FERROL 2018!!

Ferrol, 7 de agosto.- O concelleiro de Festas, Suso Basterrechea, e o alcalde accidental, Álvaro Montes, deron a coñecer en rolda de prensa os principais eventos das Festas de Ferrol de 2018, que terán lugar do venres 24 ao venres 31, unha semana chea de actividades para todos os públicos cunha premisa básica: ABSOLUTAMENTE TODO GRATUÍTO!!


Os principais eventos das festas, a falta de dar a coñecer algún outro que será desvelado en próximas datas, son os seguintes:

• Rosana. Venres 24 de agosto, 22:30 h. Praza de España
• The Waterboys, Sábado 25 de agosto, 22:30 h. Praza de España
• Carreira Nocturna. Sábado 25, 20:00 h.
• Travesía a Nado “Abelardo López”. Domingo 26, 16:00 h. 
• Xoel López, Domingo 26, 22:30 h. Praza de Amboage
• Festival de Rondallas; Añoranzas, Club de Campo, Bohemios e Sonidos del Alba. Luns 27, 20:30 h. Praza de Amboage.
• Festa presentación Pantín Classic. Luns 27, 22:30 h. Parque Raíña Sofía
• Trofeo Concepción Arenal. Martes 28 (horario por determinar).
• Festival Folk: Os de Abaixo, Tanxugueiras, Gaiteiros de Lisboa. Martes 28, 22:00 h. Praza de Amboage
• Kiko Veneno. Mércores 29, 22:30 h. Praza de Amboage
• Coque Malla, Concerto Fin de Festas. Venres 31, 23:45 h. Praza de Amboage.

Por outra parte, haberá unha programación especial para o público infantil enmarcada dentro do Festilingua coas seguintes actuacións de absoluto primeiro nivel:

• “GHOP!”, Teatro ó Cublo. Mércores 22 de agosto, 19:30 h. Praza de Rosalía de Castro.
• “Cancións para desafinar”, A Gramola Gominola. Luns 27 de agosto, 12:00 h. Praza de Amboage
• “Bon apettit”, de Ghazafellos. Martes 28 de agosto, 19:30 h. Praza de Ultramar
• “Coas miñas mans”, Pablo Díaz. Mércores 29 de agosto, 12:00 h. Praza de Amboage.
• “A fiestra dos soños”, Trotaventos. Xoves 30 de agosto, 20:00 h. Praza de Amboage.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar