Novas

venres, 14 de setembro de 2018

APURÁDEVOS: 'A RÚA É TÚA', A RÚA É VOSA

Ampliamos ate o luns 17 o prazo para anotarse no primeiro concurso de ocupación de espazos públicos da cidade co gallo da Semana da Mobilidade 2018. Pode participar calquera entidade rexistrada as accións, con imaxinación e ledicia, faránse nas rúas a fin de semana do 22 e 23 de setembro. As tres mellores propostas poden acadar premios de 20,000, 10,000 e 5.000 euros para o investimento elixido por eles para a mellora do entorno.


APURÁDEVOS: 'A RÚA É TÚA', A RÚA É VOSA

Ferrol, 14 de setembro.- informarvos que ata o vindeiro luns día 17 de setembro no Rexistro Municipal está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar no concurso "A rúa e túa".


Ao tratarte da primeira edición deste concurso de ocupación de espazos público, co gallo da Semana da Mobilidade, decidimos ampliar un chisquiño mais para dar tempo as entidades a que ultimen as súas propostas na procura da maior participación posible. 

¿Cómo participar no concurso ‘A rúa é túa’?

Cada entidade que participe no concurso soamente poderá presentar -como máximo- unha proposta de intervención (musical, deportiva, artística…) e que serán elixidos pola propia entidade nun espazo do barrio axeitado para ese fin.   

A temática é libre pero, obviamente, debe axeitarse a filosofía do concurso ideado a prol do fomento dunha mobilidade sostible e a recuperación dos espazos peonís na cidade facendo fincapé en:

 

  • Que fomente a mobilidade sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • A diminución do uso/abuso do vehículo privado e o fomento de formas de desprazamento alternativos e máis saudables e eficientes dende o punto de vista ambiental.
  • Mellora da accesibilidade para a mellora da cohesión social, favorecendo unha mellora das persoas con mobilidade reducida e diversidade funcional.
  • Promoción dos espazos urbanos e dos espazos públicos como elementos dinamizadores da vida nos barrios.

O modelo de solicitude de inscrición  estará a disposición das entidades interesadas nas oficinas do Rexistro Xeral do Concello ou tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica da web municipalwww.ferrol.gal.

As tres propostas gañadoras premiaranse cun investimento do Concello de Ferrol na mellora do barrio que será indicada polas entidades premiadas, que se levará a cabo logo da redacción dunha memoria valorada ou proxecto segundo sexa necesario, realizada pola área de Urbanismo do Concello de Ferrol.


A contía dos premios será a seguinte:

·         Primeiro premio dotado de 20 000 €.

·         Segundo premio dotado de 10 000 €.

·         Terceiro premio dotado de 5 000 €.


A proposta gañadora será escollida por un xurado integrado por un representante de cada un dos grupos municipais, do COAG, un técnico de  Urbanismo, un funcionario municipal que actuará como secretario do xurado e presidido pola concelleira delegada da área de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, María Fernández Lemos.


A acta da resolución do concurso publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica da web do Concello www.ferrol.gal. As propostas para ‘A Rúa e Tüa’ vanse desenvolver na fin de semana do 21 ao 23 de setembro, coincidindo coa celebración da Semana da Mobilidade e do Día sen Coches a nivel europeo.


Cada entidade poderá facer unha proposta de acción na rúa no seu barrio na fin de semana sen coches, do 22 ao 23 de Setembro. Non ten que ser nada complicado nin costoso, cun trátase de reconquistar os espazos públicos e ocupar un lugar do barrio con unha acción que pode ser teatral, deportiva, ligada as arte.. fresco, novidoso, divertido e orixinal para darlle vida ao barrio. 


¡¡¡Animarvos a que presentedes as vosas propostas. !!!

A continuación deixamos os enlaces onde podedes consultar as bases do concurso así como o enlace da solicitude de participación no mesmo.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar