Novas

martes, 11 de setembro de 2018

O GOBERNO DE FERROL ABRE O COMEDOR SOCIAL DE CANIDO

Este martes 11 inaugurouse no Centro Cívico de Canido o quinto comedor sénior da cidade con 20 prazas O de Canido será o quinto comedor social do municipio xunto aos catro que xa funcionan en Río Xuvia, Esteiro, Catabois e Caranza


O GOBERNO DE FERROL ABRE O COMEDOR SOCIAL DE CANIDO

Ferrol, 11 setembro.- O comedor sénior de Canido xa é unha realidade. O alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, inauguraron hoxe o quinto comedor sénior na cidade, que conta con 20 prazas e polo momento, xa suma, unha ducia de usuarios.

 

O rexedor e a edil compartiron hoxe o xantar co presidente da entidade veciñal e cos novos usuarios na cafetería da entidade veciñal, un menú deseñado e supervisado por nutricionistas, que este martes consistía nun primeiro prato con fabas, e un segundo con milanesa e crema de cabaciña como acompañamento.

 

Coa incorporación do comedor de Canido, o número de beneficiarios totais estímase en 80. Ven a reforzar e multiplicar un servizo que xa viña funcionando en Río Xuvia, en Catabois, no centro social de San Pablo; en Caranza e na asociación Veciñanza de Esteiro. O servizo dos cinco comedores foi adxudicado en XGL o 28 de maio por un importe global de274.032 euros (IVE incluído) en dúas anualidades. O incremento bianual do contrato para incluír o novo centro de Canido é de 57.288 euros.

 

O comedor social de Canido, tal e como xa recollían os pregos do contrato, situase na cafetería do propio Centro Cívico, de luns a venres de 13:30 a 15:30 horas, ademais de habilitarlle a empresa adxudicataria do servizo, Alimentación Saudable Gallega, un espazo para o almacenaxe de útiles (cristalería, pratos.. ), para conservar e quencer as bandexas térmicas.

 

Non hai unha idade mínima para o acceso, pero se prioriza as persoas de +60 anos en adiante, para dar maiores facilidades a este segmento da poboación. A concelleira facía fincapé na recente revisión da bases reguladoras de accesopara elevar a porcentaxe de aporte do Concello no caso dos usuarios coas rendas mais baixas.  Na práctica, implica que as persoas coas pensións mais exiguas, non terán que pagar polo servizo de comedor –de balde-, ou unha cantidade moi simbólica que non supera os 2,60 euros en proporción as rendas. 

 

Neste últimos días, tal e como trasladaron desde a entidade veciñal, foron varios os residentes no barrio que amosaron o seu interese por incorporarse ao comedor e recolleron as súas solicitudes de preinscripción co que agardamos, que se poidan cubrir todas as prazas deste servizo social que redunda no beneficio común e favorece a socialización entre maiores e garante unha alimentación equilibrada e axeitada ao segmento de idade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar