Novas

venres, 14 de setembro de 2018

BENESTAR SOCIAL INICIA O REPARTO DOS VALES COAS AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN NO CURSO 2018/2019

A axuda é de 95 euros por menor para un total de 845 beneficiarios, o número mais elevado dos últimos anos Por primeira vez, as axudas ampliaronse a todo o Bacharelato e Formación Profesional pasando de 248 mil euros no 2014 aos 385 euros deste curso


Ferrol, 14 de setembro.- Hoxe venres comezaron a repartirse desde a área de Benestar Social os vales coas axudas a escolarización para o curso escolar 2018/2019. Tal e como anticipamos onte, o pago será o mais áxil posible. 

A contía da axuda, tal e como  será de 95 euros por neno/a cun número total de beneficiarios de 845. Por primeira vez, as axudas se ampliaron a todo o Bacherelato, FP  pasando dos 248.000 euros no 2014 a 385.000 euros no 2018, a maior dotación orzamentaria para este obxecto.  

As bases da convocatoria foron publicada no BOP do 12 de xullo e a resolución provisional foi publicada o 23 de agosto. 


Nos mencionados vales irán reflectidas as cantidades concedidas que se cambiarán en calquera establecemento comercial pertencente ao Concello de Ferrol que acepte o mencionado vale e que posteriormente debe presentar factura dirixida ao Concello de Ferrol. 

¿Que gastos se poden facer con estes vales? 
 
Libros de texto, incluido o alumnado de educación infantil de ser o caso. · 

Material escolar para o alumnado de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial en idade escolar, alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesinal Básica e de Grado Medio. 

Vestiario básico, para o alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesional Básica e de Grado Medio. 

Material e libros específicos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Equipamento informático para o alumnado que teña establecido o emprego da mochila dixital. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar