Novas

luns, 08 de outubro de 2018

O GOBERNO DE FERROL APROBA 158 INTERVENCIÓNS PARA REHABILITAR VIVENDAS NAS CINCO ARIS DO MUNICIPIO

O investimento total sube a 5,3 millóns de euros sumando as achegas do Ministerio, Xunta e Concello de Ferrol co desembolso que farán os propietarios Por primeira vez e moitos anos, o Goberno de Ferrol fai un investimento de 1,1 millón de euros con fondos propios para rehabilitar 72 vivendas no barrio Elévase o número de intervencións propostas no centro: A Magdalena-Ferrol Vello, de 67 a 70, e duplicase no caso de A Graña, que pasa de 3 a 6 con respecto ao convenio aprobado no 2017


O GOBERNO DE FERROL APROBA 158 INTERVENCIÓNS PARA REHABILITAR VIVENDAS NAS CINCO ARIS DO MUNICIPIO

Ferrol, 8 de outubro.- O Goberno de Ferrol aprobou esta mañá, en Xunta Local de Goberno (XLG), o informe técnico coa memoria programa da Oficina Municipal de Rehabilitación para remitir ao Ministerio de Fomento coas 158 intervencións propostas para a recuperación de inmobles dos cinco barrios cualificados como Aris (Área de Rehabilitación Integral) no municipio, unha cualificación especial que teñen A Magdalena, Esteiro e Ferrol Vello, A Graña e Recimil.

As 86 intervencións que figuran na memoria programa para A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña, Esteiro Vello hai que engadir as 72 vivendas de dous bloques con 10 portais, no barrio de Recimil, dentro do compromiso orzamentario desde Goberno e desta corporación municipal recollido no documento económico para este ano 2018 e que se acomete, nun grande esforzo, con fondos propios cunha achega total que supera o millón de euros. Polo tanto, o número total de intervencións a realizar elevase a 158.

Lembrar que a presente convocatoria foi publicada no DOGA o 17 de agosto, abrindo o procedemento para a participación do Programa de Fomento da Rexeneración e Renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.  O Goberno, o pasado 3 de setembro, xa tiña aprobado remitir a solicitude de participación para todas as ARIs declaradas no termo municipal, solicitude que se cumprimentou pola vía telemática  o 5 de setembro.

Achegamos, polo miúdo, o número de intervencións solicitadas con cargo a esta nova convocatoria do Plan Estatal de Vivenda e o número final de intervencións propostas para a intervención que achega a Goberno de Ferrol, a través da Oficina Municipal de Rehabilitación da concellería de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación.

 

A MAGDALENA-FERROL VELLO: 122 solicitadas...............70 propostas

A GRAÑA:  10 solicitadas .........................................................6 propostas

ESTEIRO VELLO: 21 solicitadas.............................................10 propostas

(No caso de Esteiro Vello, as intervencións da anterior convocatoria non foran esgotadas o que permite empregalas a maiores no 2018).

RECIMIL:...........................................................................72 propostas

 

 

TOTAL..............................................................................158 intervencións

 

O importe da achega solicitada polo Concello ao ministerio para esta anualidade 2018 foi de 2,8 millóns e a concedida, de 1,866.478,25 euros. No caso da Xunta, a achega solicitada desde o Concello ascendía a 863.847,95 euros mentres que a cantidade concedida é de 680.144,68 euros.

Salientar que o Goberno de Ferrol, por primeira vez en moitos mandatos, fai un gran esforzo orzamentario para acometer, con fondos propios, a rehabilitación de 72 vivendas de dous bloques con 10 portais no barrio de Recimil. A contía destinada a cada vivenda é de 20.243,97 euros, nas rúas Betanzos e Ares, ate sumar 1,18 millón de euros.  

 

                                                                    INTERVENCIÓNS    FOMENTO       XUNTA        CONCELLO   PROMOTORES                                           

Magdalena-Ferrol Vello

 TOTAL 2.789.982,39                       70                        1.042.141,78       326.423,24     260.750,00       1.160.667,37

 

A GRAÑA                                                    6                          86.114,48          28.841,43       22.350,00           110.458,41

TOTAL: 247.764,32 €

 

Esteiro                                                   10                         77.195,76           25.175,98       37.250,00            44.388,05

TOTAL: 184.009,79

 

Recimil                                          72                        661.026,23         299.704,03   1.188.510,04             0,00

TOTAL 2.149.240,30

 

Como xa indicamos o pasado mércores 3, o grado de cumprimento do Concello de Ferrol na execución das axudas a rehabilitación está suficientemente contrastado no feito obxectivo de que somos a unha das tres cidades galegas que mais fondos percibe da Xunta no novo reparto das Aris 2018, con 2,546,622,93 euros, só por detrás de Santiago (2,6) e Vigo (2,55 millóns). Un grado de cumprimento que poñen de manifesto os técnicos nas sucesivas comisións de seguimento dos plans.

Doutra banda, subliñar que a achega do Ministerio de Fomento elevouse do 35 ao 40% o que permite asumir maior contía subvencionable pero tamén reduce o número de intervencións ao esgotar antes os fondos dispoñibles.

Esta proposta, fundamentada na memoria-programa da Oficina de Rehabilitación e aprobada hoxe no órgano de Goberno local, irá a comisión e posteriormente elevarase a pleno para a súa aprobación e a posterior sinatura dos convenios.        

Na práctica, tradúcese nunha inxección de 5,3 millóns de euros para rehabilitación de inmobles que achegan, fundamentalmente, tres administracións: o Concello de Ferrol, a consellería de Infraestructuras e o Ministerio de Fomento para a rehabilitación de vivendas nos ARIS (Área de Rehabilitación Integral) de A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña, Esteiro Vello e Recimil, xa que este foi o último barrio no noso municipio en acadar esta especial cualificación urbanística en xaneiro do 2017.

En relación ao último convenio aprobado o 30 de outubro do 2017, elevase o número de intervención no centro A Magdalena-Ferrol Vello, de 67 a 70, e duplicase no caso de A Graña, que pasa de 3 a 6.

 

Por último, na XGL deste luns, aprobouse unha relación de facturas por importe de 53.813,33 euros. Algunhas delas correspóndense coa ultima remitida por servizos xa regularizados como Recyges, para a xestión das multas, e outras tantas, en proceso de informe técnico ou de contratación o que afonda no compromiso de ir minorando os pagos que se fan por esta vía.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar