Novas

mércores, 10 de outubro de 2018

ESTE XOVES ARRANCA A III MOSTRA VIDEOCLIPS A ESGALLA DO CONCELLO COA PARTICIPACIÓN MAIS ALTA DA SÚA HISTORIA

En total foron 103 os vídeos duplicando os 58 da edición do 2016 que, este outubro, terá epicentro no Ateneo Ferrolán ‘Esta mostra é un catálogo histórico dos traballos audiovisuais da comarca de Ferrolterra’, salientan desde a organizazación Do 11 ao 26 haberá conferencias, proxeccións, exposición fotográfica de Edu Pereira, gravación de videoclips nas rúas e o reparto dunha edición limitada de 400 DVD de balde cos 106 videos da mostra “Ferrolterra ten moito que cantar... e contar”


ESTE XOVES ARRANCA A III MOSTRA VIDEOCLIPS A ESGALLA DO CONCELLO COA PARTICIPACIÓN MAIS ALTA DA SÚA HISTORIA

Ferrol, 10 de outubro.-  Este xoves 11 de outubro, e co epicentro no Ateneo Ferrolán, bota a andar a III mostra de Videoclips a Esgalla do Concello de Ferrol. Unha aposta da Concellería de Cultura por sacar do armario todo o escaparate audiovisual e musical desta comarca e facer unha primeira e recopilación que, ademais de servir como revulsivo e promotor para o sector, tamén deu en ser un auténtico catálogo histórico dos traballos feitos desde 1991 ate o 2018 no audiovisual na comarca de Ferrolterra.

 

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e Carlos Alberto Alonso, alma mater da mostra, detallaron hoxe polo miúdo todo o programa desta III edición, para a que se remitiron un total de 103 traballos, case o dobre dos 58 da primeira mostra do ano 2016. 

 

‘Hai traballos de profesionais pero tamén de afecionados que nos deixaron absolutamente abraiados  e desde vídeos de Los Alcántara e Irene Caruncho, ate os que remite Alarido Mongóligo desde Londres”, manifestou Alonso, que reiterou o seu convencemento de que ‘Ferrolterra é unha superpotencia musical’.

 

Pola súa banda, o concelleiro salientaba que una ano mais, e van tres, desembarcamos coa III edición dunha mostra benquerida e froito dunha aposta da concellería de Cultura pola música e o audiovisual feito na comarca. Unha cita que desde o 2016 ven crecendo e consolidándose con éxito desbordante en participación e producción.

 

Aínda que o obxecto desta III mostra é darlle maior protagonismo aos máis recentes traballos dos nosos músicos e realizadores, no vIdeoclips a Esgalla terán cabida pezas de todas as décadas e estilos, con duracións de entre 1 e 9 minutos. Este ano, a Mostra céntrase, fundamentalmente, na comarca de Ferrolterra con exposición fotográfica por conta de Edu Pereira.

 


PROGRAMA COMPLETO DA 3 MOSTRA ‘VIDEOCLPS A ESGALLA’

 

Xoves 11 de outubro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán: Presentación do DVD “Videoclips a Esgalla 2018” e inauguración da exposición fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” (11 de outubro - 30 de novembro) a cargo de Edu Pereira na Sala 2 de exposicións.

 

Xoves 11 de outubro nas Rúas de Ferrol: “Só para os vosos ollos: Catu Martínez dirixe á cantante: MARÍA MANUELA”. Gravación dun Videoclip en Rúas e Peirao de Ferrol, Rio Belelle, Praia de Santa Comba, etc...

 

Sábado 13 de outubro nas Rúas de Ferrol: “Só para os vosos ollos: Mangi Caldevilla dirixe ao cantante: XOAN RUBIA”. Gravación dun Videoclip en Cantón de Molíns e San Felipe (Ferrol), Peirao (Mugardos), etc...

 

Xoves 18 de outubro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán: “Ferror Records e CGTH: Autoxestión, independencia, edición e apoio á escena local”. Conferencia e proxeccións a cargo de Fernando Fernández Rego, Sergio Peck, Olalla Padín e Oscar M. López.

 

Venres 19 de outubro nas Rúas de Ferrol: “Só para os vosos ollos: Juanpa Ameneiros dirixe ao grupo de rock: ODDY LANE”. Gravación dun Videoclip en Canido, San Xurxo, etc...

 

Venres 19 de outubro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán: “Tensando la Cuerda (2011-2018)”. Conferencia e proxeccións a cargo de Carlos A. Quirós (Cuerda Floja Producciones).

 

Sábado 20 de outubro nas Rúas de Ferrol: “Só para os vosos ollos: Carlos A. Quirós dirixe ao grupo de rock: ROBOT HUMANO”. Gravación dun Videoclip en Caranza, Porto Exterior (Ferrol), San Valentín (Fene), etc...

 

Xoves 25 de outubro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán: “Rodando con Pouco”. Conferencia e proxeccións a cargo de Juanpa Ameneiros (Juanpa Ameneiros Multimedia).

 

Venres 26 de outubro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán: "Unha historia malintencionada dos Videoclips Galegos: dos protoclips ós ultraclips".Conferencia e proxeccións a cargo de Alfonso Pato (Director do Festival de Cans).


VIDEO DA RP: https://photos.app.goo.gl/ce1zbb2rwe2D1CPEA



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar