Novas

mércores, 10 de outubro de 2018

O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA SERÁ DE BALDE PARA OS USUARIOS

A concellería de Benestar Social está a comunicar a gratuidade do servizo aos usuarios desde o 7 de xullo ate a aprobación dunha nova ordenanza reguladora Viñan pagando un prezo de 5 euros ao mes polo servizo que agora será de balde


O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA SERÁ DE BALDE PARA OS USUARIOS

Ferrol, 10 outubro.- A concelleira informou este mediodía da gratuidade do servizo de teleasistencia desde o pasado 7 de xullo para preto de 120 usuarios. 

Así se lles está a comunicar individualmente por vía postal a todos e cada un deles, namentres non se aprobe unha nova ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de Teleasistencia do Concello de Ferrol. Con anterioridade ao 7 de xullo, tiña un custo de 5 euros por usuario.

 "Unha vez aprobada a nova taxa, o copago que lles correspondería sería de 5 eiros ao mes ate que desde a administración autonómica se dite a oportuna instrución de aplicación do Decreto 149/2013 polo que se define a carteira de Servizos Sociais", informa a misiva que está a ser remitida desde a Ärea de Benestar Social aos usuarios da Teleasistencia Domiciliaria.  

 A vontade do Goberno e ampliar o número de usuarios até 200, un traballo que xa está en marcha incorporandomais demandantes e suprimindo as listas de agarda. Isto é posible a resultas da adxudicación dun novo contrato, froito dun procedemento aberto e transparente, con importantes melloras na prestación do servizo. 

O novo contrato foi adxudicado o 26 de xuño en XGL a Cruz Vermellaa oferta mellor puntuada polos técnicos das tres presentadas ao este concurso para un contrato de dous anos prorrogables. O custo do terminal por usuario e mes pasa de 22 euros, no contrato anterior, a 12,15 euros neste que ven de ser adxudicado onte, un 50% menos. É dicir, con mesmo importe que no 2014 (26.100 euros), este Goberno presta servizo a mais de 100 usuarios e ampliará o servizo a outros 80 mais, duplicando a partida, que pasa a 52.800.


Entre as melloras do servizo figura a custodia de chaves, dos que unha ampla porcentaxe poden ser residentes da zona rural en casos de hospitalización e demais.  Tamén existe a opción de instalar un detector de gas-fumes, e sensores magnéticos na apertura e peche de portas, cuestións que se lles comunicaron aos bombeiros de Ferrol para favorecer a súa aplicación, no caso de que fose preciso.


LIGAZÓN VÍDEO RP 10.10.18

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar