Novas

mércores, 10 de outubro de 2018

O CONCELLO DE FERROL ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO ALBERGUE 'PARDO DE ATÍN' PARA GARANTIR A ATENCIÓN A PERSOAS SEN TEITO

O importe do convenio ascende a 30.000 euros anuais e o albergue de Caranza conta con 42 prazas das que tres se reservan para casos derivados desde Benestar Social e Policía Local


O CONCELLO DE FERROL ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO ALBERGUE 'PARDO DE ATÍN' PARA GARANTIR A ATENCIÓN A PERSOAS SEN TEITO

Ferrol, 10 de outubro.- Achegamos fotos e audio do acto coa sinatura do acordo de colaboración entre o Concello de Ferrol e o Albergue Pardo de Atín, no Hospital Xeral, para desenvolver un programa de atención a persoas sen teito. 

O convenio, con un importe de 30.000 euros, foi asinado polo alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, Sainza Ruiz, xxunto con Alberto Manuel Lens Tuero, como presidente do Padroado da Fundación Santo Hospital de Caridade, titular do Hospital Xeral Juan Cardona. 

O obxecto do convenio se fundamenta na atención as persoas sen teito coa finalidade de garantir a cobertura da súas necesidades no relativo ao aseo persoal, manutención e pernocta.  A contribución do Concello vai dirixida a axudar ao financiamento deste equipamento de servizos sociais nos seguintes conceptos: mantemento das instalacións, gastos administrativos, gastos de persoal, e todos aqueles que sexan imprescindibles para a atención persoal e directa das persoas de acollida. 

O Albergue Pardo de Atín conta con 42 prazas, das que tres se reservan para as persoas derivadas desde a área de Benestar Social do Concello e a Policía Local. 

"O albergue realiza unha función social indispensable na cidade. Para nós é unha colaboración (30.000 euros) que nos permite que xente sen recursos poida pasar un ciclo da súa vida e recompoñer unha situación social e persoal complicada", manifestou o rexedor, que aproveitaba para agradecer especialmente aos responsables da Fundación que xestiona o albergue o seu bo trato e a profesionalidade no trato cos técnicos e cos usuarios. 

"É unha satisfacción asinar este convenio, que seguro que terá continudade no tempo e ogallá que algún día, a existencia deste albergue deixe de ter sentido porque xa non teñamos a estas persoas en situación de vulnerabilidade". 

O Concello de Ferrol puxo en marcha, hai mais de un ano a Mesa de Coordinación para a Inclusión das Persoas Sen Fogar, que integra a implica a varias entidades sociais da nosa comarca, así como a Unidade de Saúde Mental do CHUF.  O pasado venres tiña lugar, no Hospital Naval, a cuarta xuntanza desta mesa que preside e coordina a Concelleira de Benestar Social. 

Tal e como manifestaba hoxe, está a dar resultados moi óptimos na coordinación e mellora na asistencia, aunando esforzos, optimizando os recursos compartidos e evitando a duplicidade de esforzos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar