Novas

mércores, 07 de novembro de 2018

TRANSFORMA A TÚA IDEA EN NEGOCIO E SÚMATE A III XIRA MULLERES

A próxima edición da Xira en Ferrol terá lugar martes 13 e mércores 14 na Casa da Muller de Ferrol co respaldo da área de Muller e Igualdade Unha muller ferrolá, Mariola López Morado, foi a gañadora da II edición entre mais de 400 proxectos coa proposta Onda Nosa


TRANSFORMA A TÚA IDEA EN NEGOCIO E SÚMATE A III XIRA MULLERES


Ferrol, 7 de novembro.- A Xira Mulleres está de volta na nosa cidade nunha nova edición, que será a terceira. Unha oportunidade para abordar e profundar no desenvolvemento dunha idea ou proxecto de negocio, como o que ven de lograr a unha muller da nosa cidade, Mariola López Morado, unha das gañadoras da pasada edición con Onda Nosa. 

Esta formación, tal e como indican as bases do proxecto, está dirixida a todas aquelas mulleres que ven no emprendemento unha saída profesional, e que, teñen unha idea de negocio ou están barallando a posibilidade de establecerse pola súa conta.

A próxima edición de XIRA aquí en Ferrol será os días martes, 13 e 14 de novembro, martes e mércores da semana vindeira. 

Para as que teñan interese en forma parte desta III edición, aínda están a tempo de anotarse. 

O horario da formación nestas dúas xornadas será de 9.30 - 14.30  nas aulas daCASA DA MULLER, rúa Lugo, 56 Ferrol e conta co respaldo do Concello de Ferrol, a través da Concellería de Muller e Igualdade. 

As persoas que teñan interese en anotarse poden facelo a través deste formulario e teñen a súa disposición a seguinte ligazón para mais información: XIRA Mujeres.

En total, nas dúas edicións anteriores, máis de 9.200 mulleres participaron da XIRA Mulleres. Na súa segunda edición, 4.530 mulleres de 111 pobos e 78 áreas urbanas formaron parte deste programa. O pasado ano, a formación impartiuse no Centro Municipal de Emprego de Catabois e, desta volta, farase nas dependencias da Casa da Muller.

Das 421 ideas presentadas na II edición, dez convertéronse en finalistas do proxecto. E desas dez, tres foron seleccionadas como gañadoras, unha delas, a de Mariola L. Morado na representación da nosa cidade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar