Novas

venres, 09 de novembro de 2018

TAPÉATE 2018: XA ESTÁ EN MARCHA A CITA MAIS SABROSA DO OUTONO FERROLÁ

31 establecementos sumáronse a VI edición desta cita gastronómica (do 8 ao 18) para dinamizar a hostalería local con boísimas e coidadas tapas de prezo único: 3 euros. Un xurado percorrerá os establecementos probando as tapas e o público elixirá a súa selando un cartón para entrar no sorteo de premios. O concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, e Emilio Vázquez, na representación da asociación de Hostalería, presentaron hoxe en rolda de prensa as 27 tapas a concurso dos 31 participantes


TAPÉATE 2018: XA ESTÁ EN MARCHA A CITA MAIS SABROSA DO OUTONO FERROLÁ

Ferrol, 8 de novembro.- Xa estamos en marcha coa cita mais saborosa e agardada do outono ferrolá, un pulo a hostalería local nunha época tradicionalmente de menor traballos que rexorde gracias ao impulso de Tapéate 2018, que este ano chega a súa VI edición cun grandísimo nivel e alta participación.

Un total de 31 locais ferroláns participarán neste certame gastronómico, xa un clásico de novembro, que vai desde este xoves 8 ate o domingo 18. Once días para probar, catar e degustar as 31 tapas propostas e cuxa presentación se realizou esta mañá nun hotel da cidade.

Un ano máis, Tapéate Ferrol desembarca no cidade con tapas complexas e elaboradas a un prezo único, moi asequible e popular (3 euros en todos os establecementos) para unha proposta coidada, na materia prima, e laboriosa na súa elaboración.

O Concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, e o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, Emilio Vázquez Rey, foron os encargados de realizar a presentación da IV edición e animar a veciñanza a sumarse a esta festa da gastronomía que é, como subliñaba o concelleiro, un xeito mais de ‘facer cidade e apostar polo noso co grandísimo nivel que ofrecen os novos cociñeiros neste pulo colectivo ao outono local’.

 

Tapéate Ferrol é unha iniciativa emprendida pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, en colaboración co Concello de Ferrol, que co paso dos anos converteuse xa nunha tradición ben asentada e exitosa.

 

Son 27 do total dos 31 locais inscritos no certame os que competirán estes once días por alzarse co premio á mellor tapa ferrolá do 2018 con petiscos exclusivos que apostan e priman o produto propio e de tempada. Todos os participantes optan a catros premios: tres do xurado, cuxo importe ascende a 500, 400 e 300 euros respectivamente, e un do público de 300 euros.

 

 

Un xurado integrado por dous restauradoras e un xornalista visitarán de xeito anónimo os establecementos participantes na edición para coñecer “in situ” a calidade das tapas e o bo servizo de cada local. O veredicto do xurado darase a coñecer tras a finalización do certame para que a súa decisión non inflúa no consumo das mesmas e, así, animar a que os clientes proben todos os petiscos e voten polo seu favorito no ‘premio do público’.

 

Para poder realizar un percorrido ao gusto de cada un, a web oficial de Tapéate Ferrol, conta cun mapa de fácil descarga e dispón de toda a información da ruta. Ademais, a iniciativa tamén ten presenza nas redes sociais a través das súas contas de Facebook, Twitter e Instagram. 
Tapéate Ferrol está englobado dentro de De Tapas por Galicia, un proxecto da Axencia de Turismo @de la Xunta de Galicia en colaboración cos diferentes organismos rexionais que participan neste singular concurso gastronómico. Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol son as sete cidades participantes nesta ruta. A tapa gañadora do Tapéate Ferrol competirá tamén por ser a mellor de Galicia.

+INFO: http://www.ferrol.es/tapeate/index.html

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar