Novas

mércores, 05 de decembro de 2018

ESTA TARDE PRENDEMOS O ALUMEADO DO NADAL 2018: AS 18:00 EN ARMAS, NON FALTES!!

A rúa Real, arteria peonil do barrio da Magdalena, contará con mais de 20 arcos led, Galiano encherase de estrelas e Amboaxe terá un teito floral As luces de Nadal chegarán aos tres mercados municipais, na Praza de España haberá catro grandes árbores en 3D, figuriñas animais e adornos vexetais Estamos a ultimar a montaxe do Belén na Praza de Armas para que todo este listo para vós...


ESTA TARDE PRENDEMOS O ALUMEADO DO NADAL 2018: AS 18:00 EN ARMAS, NON FALTES!!

Ferrol,5 de novembro.- Un ano mais, no Concello de Ferrol prendemos o alumeado de Nadal na tarde noite do mércores 5  de decembro. 


Eliximos esta data, na véspera dunha ponte festiva, para animarvos a que nos acompañedes as 18:00 horas nas escadas da Praza de Armas ao pé do Pazo Municipal, nun acto sinxelo pero fermoso ao que convidamos, desde xa, a sumarse a toda a veciñanza, particularmente a xente miúda da casa que vive estas datas con especial ilusión.  

 

O acendido do alumeado deste Nadal decembro 2018-xaneiro 2019 terá lugar pasadas as 18:00 horas, coa caída do sol, e estará presidido polo alcalde, Jorge Suárez, a cabeza da corporación municipal.

 

A cidade contará con novos motivos de Nadal e algunhas melloras con mais figuras en novos emprazamentos, como nos tres mercados municipais de Magdalena, Caranza e Recimil, para implementar a decoración das rúas do centro, pero tamén nas prazas, barrios e parroquias de todo o termo municipal.

 

En total, son 215 arcadas, 4 grandes árbores tridimensionais, figuriñas de animais en 3D, e ducias de motivos decorativos en mercados, farolas e nas prazas, ademais da decoración de cinco árbores naturais na Praza do Callao con fío LED.

 

A Praza de España, por exemplo,  contará con 4 grandes árbores de Nadal en tres dimensións,  dous de 5,5 metros de diámetro por 5 metros de altura, e dous de 2,5 metros, cun deseño novidoso, ademais de figuras típicas do Nadal, tamén 3D, como os renos luminosos que fan as delicias dos mais pequenos.

 

Sobre a Praza de Amboaxe contaremos, este ano, cun teito floral en luces cálidas e frías, e a decoración de Nadal reforzase en todo o centro con ducias de motivos nas farolas (copos de neve,.. ) e outros vexetais repartidos polas rúas da Magdalena.

 

O paquete decorativo desta campaña de Nadal (decembro 2017-xaneiro 2018) inclúe 215 arcadas  repartidas por todo o municipio -barrio de A Magdalena (117), Catabois (32), e Ultramar-Estrada de Castela e Rúa Nova de Caranza (67), unha trintena de motivos de farola e outras melloras na decoración dos mercados e cinco árbores naturais da Praza do Callao.

 

A rúa Real, como arteria peonil do barrio da Magdalena, contará con mais de vinte arcadas de luces LED, combinando cálidas e frías, mentres que a rúa Galiano contará con PVC ópticos, con multitude de puntos de luz que simulan un ceo estrelado en distintas intensidades en función da distancia.

 

Este ano apostouse por figuras de liña xeométrica como bolas, cubos e motivos vexetais ou universais (sol e lúa) nas rúas Igrexa, María e Magdalena, e tamén contarán con arcadas luminosas as rúas Arce e A Coruña.

 

O custe do alumeado contratado nesta campaña de Nadal (decembro 2018- xaneiro 2019) é de 77.682,00 euros, exactamente igual que na campaña decembro 2017-xaneiro 2018, xa que forma parte do mesmo contrato adxudicado a Iluminacións Santiaguesas por dous anos. (Achegamos o prego).

 

A decoración vai do 5 de decembro ao 7 de xaneiro do 2018,  este último incluído ao tratarse dun festivo local e a desmontaxe principiará o luns 8. Os días sinalados, como 24, 25, 31 de decembro, e  1 e 5 e 6 de xaneiro, manterase o alumeado prendido un chisquiño mais alá da media noite. Todas as luces son de baixo consumo co ánimo de abaratar o custo e optimizar a súa eficiencia.

 

Como melloras con respecto a pasada campaña, a empresa adxudicataria introduzo como melloras a colocación de 4 novos arcos transversais (Sol, Arce, A Coruña), 10 motivos de farola, decoración de cinco árbores con fío luminoso e cinco figuras 3D.

 

Doutra banda, o Concello de Ferrol, co persoal propio de servizos, iniciou a primeiros de novembro a montaxe das luces de Nadal que son de propiedade municipal,  que suman mais de 200 elementos. Entre eles, a cortina de fíos que decora a fachada do Pazo Municipal e o belén que se adoita colocar na Praza de Armas. Está previsto que a montaxe deste último se faga, como é habitual, entre o luns 4 e o martes 5, en último lugar antes do momento do acendido. 

 

Como nos anteriores anos, colocáronse tamén, dous adornos por parroquias na zona rural e asociacións de veciños. No ámbito urbano, colocaranse motivos de Nadal nas prazas dos nosos barrios, desde Recimil a San Xoán, Ultramar e o Inferniño pasando por Caranza, así como nos edificios municipais. 


Tendes toda a información no Perfil do Contratante. 


http://www.ferrol.es/arquivos/documentos/contratacion/PPT%2017-34.pdf


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar