Novas

martes, 27 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS SEN FOGAR

Por primeira vez, abrimos as portas do Concello, para recibir a persoas e entidades implicadas nesta realidade Este venres no Centro Cívico de Caranza terán lugar as Xornadas de Inclusión Social coa conferencia maxistral de Gustavo García Herrero as 10:45


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS SEN FOGAR

Ferrol, 27 de novembro.- Hoxe celebramos no Concello de Ferrol, e por primeira vez, unha recepción institucional as entidades da nosa cidade que traballan a prol da inclusión da persoas sen teito no Día Internacional das Persoas sen Fogar. 

Desde este mediodía, colga da balconada frontal do Pazo Municipal unha pancarta co gallo desta data que convida a reflexión e amosa o compromiso do Concello para darlle visibilidade a complexa situación na que viven estas persoas.  

Foi as 12:30 no Salón de Recepcións do Concello, nun acto presidido pola concelleira de Benestar Social, Sainza Ruiz, coa presencia de todos os grupos e a implicación activa das entidades que están a traballar mais intensamente neste eido: Cáritas, Arraigo, Dignidade, Cociña Económica, Albergue Pardo de Atín e Unidade de Psiquiatría-Saúde Mental do CHUF. 

Estas cinco entidades traballan, por primeira vez, en rede nunha acción integral e conxunta capitaneado polo Goberno de Ferrol a través da Area de Benestar Social, que ten a súa concreción na Mesa de Inclusión PSF, que iniciaba a súa andadura no Pazo Municipal no mes de outubro do 2017 cunha calendarización de xuntanzas para facer o seguimento dos casos e que tan bos resultados está a dar na coordinación de recursos, aunando esforzos, evitando duplicidades e integrando a saúde mental como unha cuestión imprescindible para unha asistencia integral. 

O Goberno de Ferrol está a estudar a viabilidade técnica e xurídica de habilitar unha vivenda como ferramenta dun programa de transición cara unha vida autónoma para o colectivo de Persoas Sen Fogar.  O proxecto, denominado ‘Programa de Transición a Vida Autónoma’, conta co respaldo das cinco entidades e sería  un recurso moi novidoso,  enfocado a un perfil moi específico de persoas cunha necesidade de apoio pero que poden facer esa transición cara a vida autónoma", salientaba a concelleira. 


Lembrarvos que ate as 23:59 hora do día 28, está aberto o prazo de inscripción das Xornadas de Inclusión Social que se van a desenvolver este venres 30 no Centro Cívico de Caranza.  Cómpre destacar a presencia  de  Gustavo García Herrero, reputado especialista que intervén nunha conferencia aberta as 10:45 e que pasa por ser unha das persoas de referencia no campo da asistencia social do Estado.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar