Novas

xoves, 29 de novembro de 2018

85 PERSOAS CONCLUÉN O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO ‘INSERTA 7’ CON PRACTICAS PROFESIONAIS E 60% DE INSERCIÓN

O concelleiro de Emprego e a equipa técnica fixeron entrega dos diplomas ao alumando do PIE 7 na capela do CTB. O Goberno local traballa arreo no inicio do PIE ‘Inserta 8’ incrementando o número de beneficiarios de 85 ate os 100, priorizando aos desempregados con mais dificultades. O PIE, que combina formación teórica con prácticas en 30 empresas da contorna, ten unha porcentaxe de inserción laboral do 60% con boas perspectivas de empregabilidade


85 PERSOAS CONCLUÉN O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO ‘INSERTA 7’ CON PRACTICAS PROFESIONAIS E 60% DE INSERCIÓN

Ferrol, 29 de novembro.- O Concello de Ferrol, a través da Área de Emprego e Promoción Económica, fixo hoxe entrega dos diplomas ao alumnado -as 85 persoas-, que veñen de completar o PIE Inserta 7, o Programa Integrado de Emprego que se impartiu nestes 11 meses (de decembro do 2017 a novembro do 18) nas aulas do Centro Municipal de Emprego de Catabois.


O PIE Inserta 7 combinou a formación teórica transversal con prácticas en empresas (de 150 a 200 horas), centrase nos colectivos en desemprego con mais dificultades de acceso ao mercado laboral multiplicando as súas oportunidades laborais que é, en suma, un dos obxectivos prioritarios deste Goberno.


Foi un acto celebrado as 12:00 horas na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester no que o alumnado, que remata o curso este venres 30, recibiu o diploma acreditativo de mans do concelleiro, Álvaro Montes, e da equipa docente que estivo a fronte do PIE 7 (Pepe, Teresa e Miriam), no que se implicaron as técnicas da Area de Emprego de Ferrol, que traballan arreo na posta en marcha do PIE Inserta 8, que procura mellorar a empregabilidade de diversos colectivos de persoas desempregadas, ate 100 en total, incrementando os beneficiarios con respecto a esta sétima edición.

O Programa Integrado para o Emprego do Concello de Ferrol “Ferrol Inserta 7”, realizouse en estreita colaboración da Consellería de da Xunta de Galicia. 

Trátase dun programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do que formaron parte 85 persoas inscritas no Servizo Público e que se desenvolveu cun plan integral de emprego no que se implementarán accións de diversa natureza: Información, orientación e asesoramento; Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas; Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; Fomento da capacidade emprendedora; Prospección empresarial; Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; Formación para o emprego; Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas; Obradoiros sobre mobilidade laboral.

Na selección, priorizaronse os seguintes colectivos:

·                     Persoas con discapacidade.(5 persoas)

·                     Persoas en risco de exclusión social.(15 persoas)

·                     Menores de 30 anos con baixa cualificación.(10 persoas)

·                     Menores de 30 anos.(10 persoas)

·                     Persoas desempregadas maiores de 45 anos.( 20 persoas)

·                     Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA).(5 persoas)

·                     Mulleres. (15 persoas)

  • Persoas inmigrantes.(5 persoas)

“O carácter experimental e innovador desta sétima edición do PIE consistiu na procura de diferentes alternativas para a inserción laboral integral das persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mercado de traballo, baixo un enfoque que permita o deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa beneficiaria, así como das necesidades das empresas nas que os participantes son insertados”, salientaba o concelleiro.

Nos últimos meses implementouse a formación transversal e específica cos seguintes itinerarios deseñados en función dos colectivos usuarios e das demandas das empresas:

  • Informática para a busca de emprego (25 horas)
  • PRL básico (60 horas)
  • Manipulador de alimentos (10 horas)
  • Habilidades Sociais para o emprego” (25 horas)
  • Inglés específico por sectores de actividade (25 horas)
  • Marca Persoal e intelixencia emocional para a inserción laboral (25 horas)
  • Técnicas de Coaching (25 horas)
  • Actividades auxiliares de comercio (100 horas)
  • Actividades auxiliares de almacén (100 horas), con formación en carretillas e plataformas baixo norma UNE
  • Manipulador de productos cárnicos (100 horas)
  • Técnicas de limpeza (80 horas)
  • Actividades auxiliares para a construcción e a industria (100 horas), con formación en carretillas, plataformas e ponte guindastre baixo norma UNE

 

Simultaneamente, realizase a labor de intermediación laboral por parte do equipo técnico do programa, cun volume de ofertas xestionadas a día de 30 de novembro de 2018, é de mais de 300, as cales se enviaron un total de 2500 candidaturas axustando as características solicitadas por parte das empresas aos perfís dos participantes no programa.

 

 

 

PRÁCTICAS EN EMPRESAS DA CONTORNA E PORXENTAXE DE INSERCIÓN LABORAL

 

Entre setembro e novembro desenvolvéronse as prácticas profesionais non laborais, coas seguintes características: 150 ou 200 horas, de luns a venres, cunhas 25 empresa (33 firmas), nas que tomaron parte 50 dos 85 alumnos en sectores como: alimentación (frescos, carnicería, panadería, reposición, caixa,...), téxtil, informática, administración, electrónica de consumo, tendas animais, xoguetes, deportes, deseño, cooperativas, sociosanitarios, obra pública, construcción, bricolaxe e grandes superficies.


En canto aos niveis de inserción, a 30 de novembro, a porcentaxe de persoas con entrada no mercado laboral acada caseun 60% (50 persoas que traballan ou traballaron no período),  e con boas perspectivas de cara ao futuro, salienta a equipa técnica do PIE7.  


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar