Novas

xoves, 29 de novembro de 2018

BLANCA ESTRELLA, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN CLARA CAMPOAMOR, SERÁ A CONFERENCIANTE CONVIDADA NOS ACTOS DA CONSTITUCIÓN DE FERROL

Veterana defensora dos dereitos das mulleres e dos menores, impartirá unha conferencia no Salón de Plenos o mércores 5 de decembro as 13:00


BLANCA ESTRELLA, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN CLARA CAMPOAMOR, SERÁ A CONFERENCIANTE CONVIDADA NOS ACTOS DA CONSTITUCIÓN DE FERROL

Ferrol, 29 de novembro.- Blanca Estrella Ruiz Ungo, presidenta da Asociación Clara Campoamor desde 1985, veterana defensora dos Dereitos Humanos, particularmente activa e combativa na defensa dos dereitos e da integridade das mulleres e dos menores (fronte agresións, abusos, maltratos,...), será a conferenciante convidada neste ano 2018 aos Actos da Constitución no Concello de Ferrol.

 

Blanca Estrella impartirá unha conferencia sobre o mércores 5 as 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, baixo o título ‘Hijos e Hijas de Mujeres Vítimas de Violencia de Género’.   Antes, as 12:30 será recibida polo Alcalde no seu despacho e departirá en privado cos tenentes de Alcaldía e cos voceiros dos grupos muncipais.

 

A Asociación Clara Campoamor foi fundada en 1985 por un grupo de mulleres do movemento feminista, pola necesidade imperante de defender os DEREITOS DA MULLER ante unha continua transgresión dos mesmos, tanto no mundo laboral e profesional, sanitario, cultural ou familiar, como pola indefensión da muller vítima de delictos sexuais e agresións.

 

Blanca Éstrella preside a entidade desde a súa Fundación ate o día de hoxe, con mais de trinta anos de loita e combates as costas  a prol da xustiza social. “Coido que son a visualización do traballo de mulleres (e homes) que desde o ano 1985 ate a actualidade, seguiron a confiar en min para presidir esta asociación na que traballamos, sen medios económicos pero esforzándonos, todo o humanamente posible, para que as mulleres víctimas de violencia de xénero, agresións sexuais e os nenos e as nenas sentan perceptoras/é dos seus dereitos humanos e xustiza”, manifestou Estrella.

 

Desde o Goberno de Ferrol, particularmente orgullosos de poder contar coa veteranía combativa de Blanca Éstrella, e agradecerlle o ter aceptado este convite para formar parte dos actos institucionais no Día da Constitución de Ferrol desde a perspectiva esencial de garantir os dereitos nela recollidos.

 

 

BREVE CURRÍCULO DE BLANCA ESTRELLA RUIZ UNGO

 

1966-1977  Participación na clandestinidade nos comités antifranquistas tendo máis responsabilidade no Comité de Folga dos traballadores de bandas en frío por darse a circunstancia de que era Mestra dos fillos e fillas dos traballadores en folga nun barrio de chabolas nos arredores de Bilbao (San Antonio de Etxebarri)

 

1985-2006:    PRESIDENTA DA ASOCIACION CLARA    CAMPOAMOR.

 

1986-1987      Designada polo Instituto de la Mujer  na 1ª Campaña sobre malos tratos (Mujer no llores, habla).

                                

1986-2006  Nomeamento pola Consellería do Gobierno Vasco de Traballo e Benestar Social como membro do Consello Vasco de Benestar Social nomeamento en Representación das Organizacións de Mulleres e Infancia do Gobierno Vasco que se vai dando en cada Lexislatura ata o día de hoxe.

 

1986-2006  Nomeada na Comisión Permanente da Inserción agora adscrita á Consellería de Xustiza e Traballo desde a cal fun relatora do Salario Social agora Renda Básica e de todas aquelas medidas de discriminación positiva para que mulleres vítimas da Violencia de Xénero sexan perceptoras do devandito salario e resto de mulleres con cargas familiares.

 

1986       Colaboración co Ministerio de Interior para a creación en Valencia, Madrid, Barcelona, Áraba, Biscaia e Guipúscoa das oficinas de atención á muller víctimas de malos tratos e agresións sexuais adscritas á Xefatura Superior de policía de cada provincia adquirindo o compromiso co Ministerio de que Biscaia, Áraba e Guipúscoa ían contar coa colaboración das mulleres policías.

                             

1989-1993                Membro do 1º Consejo del INSTITUTO VASCO  DA MUJER-EMAKUNDE,  designada por el Parlamento Vasco.

 

1989      Presidenta del Pióm (Plan de Igualdad de Oportunida de mulleres, designada por 190 organizaciones de mullere do Estado.

 

1998-1999 Colaboración con el Congreso de los Diputados de la República Argentina en su Comisión de Bienestar Social para la redacción de medidas para la reforma del Código Penal en tipificación de delitos de agresión sexual en mujer e infancia y cumplimiento de penas de agresores-violadores y principalmente reincidentes.

 

1991-2005: Colaboradora no SENADO e no CONGRESO DOS DEPUTADOS/AS en temas de delitos contra os/as menores e violencia de xénero a través da presentación de propostas de modificación de lei ou emendas ás leis orgánicas que desde 1991 ao día de hoxe teñen que ver con violencia de xénero, agresións sexuais, violadores en liberdade e delitos contra a infancia.

 

1996-2006 Membro da COMISIÓN NACIONAL DE AXUDA Á VICTIMA DE ACTOS VIOLENTOS (Terrorismo e agresións sexuais), nomeada por primeira vez no Consello de Ministros de 1996 e nos sucesivos Consellos de Ministros, ata o momento actual.

 

2002-2006 Membro do Consello do INSTITUTO VASCO DA MULLER- EMAKUNDE.

 

*Agás o cargo de asesora na Deputación Foral de Bizkaia 90-94 4 98-99, a conferenciante non percibiu remuneración algunha polo seu compromiso con todos estes cargos e órganos.

 

RECOÑECEMENTOS:

 

- Recoñecemento pola Generalitat Valenciana Instituto polo labor desenvolto nesa Comunidade Autónoma sempre en apoio das mulleres valencianas vítimas da violencia de xénero.

 

-  1994 Premio SUSTATU, concedido pola Deputación Foral de Bizkaia, aos servizos sociais na Comunidade Autónoma Vasca.

 

- 1999 Premio aos VALORES CONSTITUCIONAIS POLA LOITA NA XUSTIZA E A SOLIDARIEDADE, de Aranda del Duero.

 

- 2000 Premio UTOPIA, concedido pola Deputación Foral de Bizkaia, á traxectoria social levada a cabo pola Asociación Clara Campoamor e na súa representación á Presidenta. 2004 Premio Especial Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Dereito da Universidade Complutense como depositarias do legado político e humano de Clara Campoamor.

 

-1985-2006 Múltiples recoñecementos de concellos de todo o Estado sendo o último o Concello de La Rinconada de Sevilla.


Foto blanca estrella: Diario ABC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar