Novas

xoves, 29 de novembro de 2018

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA CONFRARÍA DE MARISCADORES DE FERROL

O acordo, dotado con 21.000 euros, resposta a especial sensibilidade co sector afectado polo longo proceso de depuración e a esquilma dos furtivos Foi asinado polo alcalde e o concelleiro de Emprego coa patroa maior do pósito A Confraría de Ferrol conta con 297 traballadores asociados e emprega a 8 persoas


O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA CONFRARÍA DE MARISCADORES DE FERROL


Ferrol, 29 de novembro.- Este mediodía asinamos un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, como impulso decidido da Administración local a actividade económica da rula local. 

O convenio, dotado con 21.000 euros, foi asinado hoxe polo alcalde, Jorge Suárez, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Álvaro Montes, e Isabel Maroño Vázquez, na representación do pósito, na súa calidade de patroa maior. 

O obxecto deste convenio, tal e como salientaba hoxe o rexedor, está sustentado na especial sensibilidade deste Concello para co sector pesqueiro e marisqueiro da cidade, particularmente afectado polo longo proceso de rexeneración da ría e pola esquilma incesante do furtivismo. 

Ao tempo, estimamos que é de interese público de contribuír a frear a perda de actividade económica da cidade así como diminuír a taxa de desemprego no noso termo municipal. Neste senso, cómpre dicir que a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol é a única entidade sen ánimo de lucro de Ferrol que -tal e como recollen nos seus estatutos- representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais neste sector e, polo tanto, preocupada por dar resposta ás necesidades dos 297 profesionais membro- asociados desta confraría, que conta cun cadro de traballadores do que forman parte 8 persoas.  

Conforme ao convenio rubricado este xoves, a Confraría dispón dunha subvención de 21.000 euros que poderán empregar en costear os gastos correntes: combustible vehículos da confraría, electricidade, asesoría fiscal e laboral, telefonía, material de oficina, ... debidamente xustificados, conforme a reflectido no propio convenio.   

O acordo senta as bases de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Confraría de Pescadores e Mariscadores co fin de apoiar o desenvolvemento da súa actividade ao longo do ano 2018, centrada nestes catro puntos: 


  • Recepción da pesca /marisqueo do produto directamente dos mariñeiros

  • Xestión da comercialización dos produtos

  • Asesoramento e xestión da actividade dos seus asociados

  • Inicio dunha nova activade empresarial que consiste na creación de posto de venda directa dos produtos (presencial e on-lineadaptándose ás novas necesidades do mercado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar