Novas

venres, 28 de decembro de 2018

FERROL, CAPITAL DA PORTA MÁXICA 2019

O concelleiro de Cultura presentaba hoxe a II edición dun festival que aspira a repetir e multiplicar o éxito da primeira edición cun programa completísimo. O festival, que capitanea o mago ferrolá Martín Varela, regresa do 2 ao 4 de xaneiro con distintos escenarios como Jofre, CTB e o Carvalho Calero e funcións solidarias no CHUF e na residencia de maiores de Caranza Contara con catro obradoiros de maxia para meniños de 6 a 12 anos na Biblioteca, en Caranza no Inferniño en na AVV de Valón


FERROL, CAPITAL DA PORTA MÁXICA 2019

Ferrol, 28 de decembro.- Ferrol, capital da Porta Máxica. Literalmente, a nosa cidade terá un comezo de ano 2019 trufado de maxia e ilusión coa II edición dun festival de ilusionismo que aspira a repetir e multiplica o éxito da súa estrea no 2018.

 

O concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, presentou a segunda edición dun evento singular para un público familiar que dirixe e capitanea o mago ferrolá Martín Varela a fronte dunha equipa de magos chegados desde Francia, Barcelona e distintos puntos de Galicia que darán a benvida ao novo ano co público ferrolán os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

 

O festival terá distintos escenarios na nosa cidade, desde o Teatro Jofre, ao centro cultural Carvalho Calero, do Inferniño, pasando polo centro cívico de Caranza e pola Biblioteca central, o CHUF e a Residencia de Maiores de Caranza, con espectáculos solidarios e obradoiros de maxia para nenas e nenos de 6 a 12 anos. O prazo para anotarse abríase o día 21 no Rexistro e pechouse onte, xoves 27 de decembro. 

 

O festival, que organiza o Concello de Ferrol a través da Concellería de Cultura, é unha producción de Thinking Up Events e dirixido polo ilusionista ferrolán Martín Varela, coa colaboración do Colectivo Máxico Lorc & Julit.  Participarán magos de prestixio como Gaëtan Bloom, un dos máis creativos do mundo; Jordan Gomez, un novísimo mago francés que percorre o mundo cun acto de vertixinosa prestidixitación; El Gran Carlini, que actuou en Broadway (Nova Iorque) coa superproducción "The Illusionists"; e Mag Marín, gañador da primeira edición de "Pura Magia" de TVE.

 

 

A este gran electo súmanse  Álex Louzao, Joshua Kenneth e Martín Varela, novas promesas da maxia galega, así como aos locais Mago Fon e Juan Vidal, para facer as delicias do público ferrolán.

 

Toda a información pode consultarse na páxina  www.portamaxica.com.


As entradas para as galas do Teatro Jofre xa están á venda en ataquilla.com e nas taquillas do teatro, en horario habitual e atentos ao sorteo de tres entradas dobres para cada unha das funcións nas redes sociais do Concello.

 

 

Vai o programa de II Porta Máxica polo miúdo:

 

DÍA 2 DE XANEIRO

 

12:30 Obradoiro de maxia - Asociación de Veciños de Valón?

17:00 - Obradoiro de maxia - Centro Cívico de Caranza?

18:30 - Álex Louzao presenta "De ilusións tamén se vive" - Centro Cívico de Caranza ENTRADA LIBRE

 

DÍA 3 DE XANEIRO

11:00 - Obradoiro de maxia - Biblioteca Municipal (Praza de España)?

12:30 - Obradoiro de maxia - Centro Cultural Carballo Calero?

 17:00 - Espectáculo de Joshua Kenneth - Centro Cultural Torrente Ballester - ENTRADA LIBRE?

19:30 - Gala de maxia Lorc & Julit, co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín - Teatro Jofre 

 

DÍA 4 DE XANEIRO

11:00 - Maxia solidaria - Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol*?

12:00 - Maxia solidaria - Residencia de maiores de Caranza*?

18:00 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre?

20:30 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre

 

* O horario pode variar según a organización do Complexo Hospitalario CHUF e da Residencia de Maiores

 

OBRADOIROS PORTA MÁXICA 2019

 

Son catro obradoiros para nenas e nenos de 6 a 12 anos (nados entre 2006 e 2012) e completamente de balde. O prazo de inscrición ábrese mañá, venres 21, no Rexistro do Concello e péchase 14:00 horas do día 27. O formulario para anotarse pódese obter no propio rexistro físico ou descargalo no Taboleiro web www.ferrol.gal

 

Hai catro obradoiros a elixir en diferentes localizacións cun máximo de 20 nenos/as por grupo. O requisito é que os nenos estean empadroados na cidade. No caso de que queden vacantes, poderán optar doutros concellos da contorna. No formulario, cómpre elixir unha destas catro localizacións.

 

  1. Asociación de Veciños de Valón, 2 xaneiro 12:30 horas.
  2. Centro Cívico de Caranza, 1 xaneiro, 17:00 horas.
  3. Biblioteca Municipal da Praza de España, 3 xaneiro 11:00 horas
  4. Centro Cultural Carvalho Calero, 3 xaneiro 17:00 horas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar