Novas

venres, 04 de xaneiro de 2019

A LITERATURA E AS SÚAS FIGURAS SENLLEIRAS PROTAGONIZAN A CABALGATA DE REIS DESTE 2019

Máis de 400 persoas participan este sábado dunha cabalgata formada por 10 carrozas, con música, bailaríns e malabares na que se repartirán 2.500 quilos de caramelos sen gluten As Súas Maxestades de Oriente atracarán as 17:30 horas no peirao de Curuxeiras con algunha sorpresa para iniciar un percorrido de tres horas e media da rúa Venezuela ata a Praza de Armas Este venres 4, as 15:45 sae desde o campo da Malata a Cabalgata do rural que percorrerá as parroquias do municipio levando ilusión


A LITERATURA E AS SÚAS FIGURAS SENLLEIRAS PROTAGONIZAN A CABALGATA DE REIS DESTE 2019

Ferrol, 3 xaneiro.- A literatura e as súas inesquecibles protagonistas, como O Quixote, Romeo e Xulieta,  As Mil e Unha Noites e as persoaxes dun clásico universal como ‘20.000 leguas de viaxe submarino’, de Xulio Verne, son a temática escollida este ano para a agardada cabalgata dos Reis Magos en Ferrol, que están a piques de desembarcar na nosa cidade.

 

Un ano mais, e como xa ven sendo tradición, as súas Maxestades de Oriente chegarán a Ferrol por mar. Será este sábado 5 de xaneiro, as 17:30 horas e, se o tempo o permite que así parece que será, atracarán -con algunha sorpresiña e coa axuda dos amarradores- no peirao de Curuxeiras.

 

Será o inicio dunha gran cabalgata cun percorrido estimado en tres horas e media e integrada 10 carrozas, ademais doutros vehículos tradicionais como o vello camión do parque de bombeiros da cidade ‘Mofletes’, o camión do Arsenal. E como non, o carro de carbón pechando un desfile con música en directo, danza moderna e do ventre, ximnasia (Esquío), malabares e bandas de trompetas e gaitas no que se repartirán 2.500 quilos de caramelos sen gluten e no que colaboran e participan preto de 400 persoas e que implica a Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e a coordinación de seguridade do Concello.

 

A cabalgata partirá da rúa Venezuela as 18:00 horas e rematará cunha cunha recepción aberta a todos os nenos e nenas no recibidor do Pazo Municipal do Concello de Ferrol, para recoller cartas e anotar os desexos da xente miúda. Está prevista a chegada en torno as 20:30 horas.

 

A literatura foi a temática elixida este ano para o deseño das carrozas, que contan con de 5 a 8 metros de longo.  O ano pasado foi a quenda dos catro elementos da natureza, e no anterior, no 2016, adicouse as artes.

 

Haberá catro carrozas adicadas figuras universais como O Quixote, Romeo e Xulieta, os contos marabillosos de As Mil e Unha Noite e a desbordante imaxinación que Xulio Verne plasmou unha obra imprescindible como Vinte mil leguas de viaxe submarino.

 

Ademais, a carroza solidaria deste 2019 leva por título ‘FerrolRecicla’ e foi ideada e construída con refugallos plásticos. Por suposto, a estas cinco carrozas hai que sumar outras tres para cada dun dos Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar, en cadanseu trono;  un Portal de Belén e unha carroza cunha banda de música tocando en directo para animar este gran desfile que promete ateigar as rúas da nosa cidade.

 

En cada unha das 10 carrozas irán os 80 nenos e nenas elixidos por sorteo público entre todos os que se anotaron (289) para formar parte da cabalgata de Reis no prazo aberto no Rexistro do Concello de Ferrol, e que irán ataviados conforme as indicacións da empresa adxudicataria da cabalgata. que foi adxudicada a Servizos Deportivos de Galicia, SL o 17 de decembro do 2018 (prórroga) en Xunta de Goberno Local por un importe de 42.350,00 euros.


 

 

 

 

 

 

 

PERCORRIDO CABALGATA DOS REIS MAGOS 2019

 

17:30 Chegada dos Reis Magos a peirao de Curuxeiras

 

Traslado dos Reis Magos por parte da Policía Local dende o peirao de Curuxeiras ata a rúa Venezuela.

 

Recepción de paxes, comitiva, grupos de actuación, carrozas e Reis Magos as 17.00 horas na rúa Venezuela (as 16.30 se produce o peche de dita rúa).

 

18;00 Saída comitiva de rúa Venezuela

 

Entrada aproximada en Praza de España – 19.00 a 19.30 horas.

Corte ao tráfico de toda a zona centro as 19.00 horas aproximadamente.  Chegada aproximada ao Concello entre as 20.40 horas e as 21.30 horas.

 

 Itinerario da Comitiva dos Reis Magos: Rúa Venezuela, Rúa Colombia., Estrada de Castela. Praza de España, Rúa María, Rúa Arce, Rúa Real, Rúa da Terra, Praza de Armas.

 

20:30-21:30 Recepción aos nenos e nenas no Concello de Ferrol. 

Mapa co percorrido: bit.ly/CabalgataReisMagos2019


 


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar