Novas

xoves, 10 de xaneiro de 2019

ANDRÉS CALAMARO, PABLO MILANÉS, ANTONIO OROZCO E ARA MALIKIAN, ESTRELAS DO PRIMEIRO SEMESTRE CULTURAL DESTE ANO 2019

Calamaro estará no Auditorio o 18 de maio, precedido de Pablo Milanés (2 de marzo), Ara Malikian (24 de febreiro) e Antonio Orozco (9 de maio) O semestre cultural se redondea con Alba Carmona, Chicuelo&Marco Mezquida, a ópera Madama Butterfly, a Filarmonía e a Sinfónica de Galicia


ANDRÉS CALAMARO, PABLO MILANÉS, ANTONIO OROZCO  E ARA MALIKIAN, ESTRELAS DO PRIMEIRO SEMESTRE CULTURAL DESTE ANO 2019

Ferrol, 10 de xaneiro.-  Andrés Calamaro estará no Auditorio de Ferrol presentando “Cargar a Sorte” o próximo 18 de maio. As entradas, están a venda desde hoxe mesmo, e será, sen dúbida, un dos pratos fortes deste semestre cultural do ano 2019 que ven de comezar con moita forza e que avanza,  entre outras citas imprescindibles no Auditorio de Caranza o recital do cubano Pablo Milanés (2 marzo), un novo concerto de Ara Malikian no Auditorio o 24 de febreiro -logo de varios cheos consecutivos-, e Antonio Orozco no mes de maio (9 de maio).

 

A Concellería de Cultura, que encabeza Suso Basterrechea, ven de cociñar un menú variado para este primeiro semestre do ano, coa exquisitez e calidade habitual desde 2015, poñendo a Ferrol no mapa cultural galego e como referente estatal, apostando pola vangarda musical e teatral, e por públicos diversos con propostas arriscadas e sempre coidadas e de primeiro nivel.

 

Ademais dos grandes pratos fortes, hoxe tamén vos podemos avanzar outras delicatessen para o inverno como as citas con Chicuelo&Marco Mezquida (25 de xaneiro) e Alba Carmona (26 de xaneiro); a ópera de Madama Butterfly (20 de febreiro)e dúas citas coa Filarmonía (30 de  Janeiro) e a Orquesta Sinfónica de Galicia (21 de febreiro) e Mozart Heroes, o 9 de febreiro.  Todas as entradas xa están a disposición do público na web do teatro Jofre www.ferrol.es/jofreou ben en www.ataquilla.com

 

ANDRÉS CALAMARO, 18 DE MAIO NO AUDITORIO 20:30 horas

 

O artista argentino renova credenciais co seu último traballo, dúas décadas despois de “Alta Sucidade”. “Cargar a sorte” é un disco de rock que se caracteriza polos sós de guitarra, cunha gran elegancia e poderío instrumental que se converten en todo un desafío que o cantante empata sen despeitearse. As cancións contan con arranxos ambiciosos e letras para escoitar, como as bulerías de Capullo de Xerez. Un Long Play que se descobre a medida que se vai escoitando e que conta con variadas referencias non musicais como a V. Huidobro, toureiros e bandidos, Ibáñez, Nieztsche, Maradona, J. Sabina, Os Tigres de  Norte,...                                                                                              

 

En definitiva, é un disco que é a suma de todos os Calamaros que o habitaron. Máis a suma dos días e dos que non están e os que están e o acompañamento do teu exército.

PABLO MILANÉS, 2 DE MARZO 20:30 horas

O trovador cubano ofrecerá no Auditorio de Caranza un concerto  enmarcado na xira ‘Esencia’ que o está a levar a diversos países de Europa e de América. Vigo e Ferrol serán as únicas paradas galegas deste recital único para unha voz mítica nun concerto que repasará os temas esenciais da súa obra, clásicos reclamados por sempre polo seu Público: Paravivir, xa ves, Yolanda, Se ela faltáseme algunha vez, etc... Á vez, soarán os temas novos deste enorme artista cunha carreira de máis de cinco décadas.

ANTONIO OROZCO, 9 DE MAIO 21:00 horas

A fame agudiza o enxeño, “ UNICO” é boa mostra diso, nacido na parte escura e difícil da vida, cun gran espírito de supervivencia e o indiscutible obxectivo de entreterche os sentidos.  Asi se define o concerto que promete Antonio Orozco en Ferro. ‘A vida aperta pero non afoga e cando menos esperábao, o atrevemento e a necesidade construíron na miña mente algo en principio inimaxinable, a mostra de que a mestura antes de ser mestura tivo que ser puro, a síntese e a orixe da procura incansable de novos camiños e novas e distintas formas de contarche a vida...’, resume o artista.

 

ARA MALIKIAN, 24 DE FEBREIRO

Carismático,  marabilloso e irrepetible, Ara Malikian repite visita a nosa cidade logo de varios cheos completos nos últimos recitais nun concerto o domingo 24 de febreiro e como presentación do novo disco e xira ‘Royal Garage World Tour’. As entradas a venda, en breve. Ide reservando a data nas vosas axendas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar