Novas

xoves, 10 de xaneiro de 2019

O ALCALDE DESTACA O CRECENTE POTENCIAL TURÍSTICO DO FERROL DA ILUSTRACIÓN E COMO QUILÓMETRO CERO DO CAMIÑO INGLÉS

O primeiro edil, Jorge Suárez, participaba hoxe a mañá nunha conferencia co alumnado dun curso de turismo nun centro de idiomas da cidade. 15.300 persoas pasaron polo Castelo de San Felipe tan só nos meses de xullo e agosto do 2018 e cómpre facer fincapé no crecemento exponencial do Camiño Inglés.


O ALCALDE DESTACA O CRECENTE POTENCIAL TURÍSTICO DO FERROL DA ILUSTRACIÓN E COMO QUILÓMETRO CERO DO CAMIÑO INGLÉS

Ferrol, 10 de xaneiro.-  O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, participaba esta mañá como convidado e conferenciante nun curso de promoción turística e recepción en aloxamentos que se imparte nun centro de idiomas no noso municipio, do que tomaban parte unha trintena de persoas.

O rexedor departiu co alumnado sobre  as potencialidades turística do noso Concello desde distintas perspectivas, tanto arquitectónica e patrimonial, como paisaxística, gastronómica, crucerística e para o deporte activo, así como as estratexias no inmediato para a promoción da candidatura do Ferrol da Ilustración ao Patrimonio da Humanidade e o imparable crecemento do Camiño Inglés a Compostela.

 

Como mostra do crecente interese e da demanda turística do Ferrol da Ilustración, Suárez salientaba hoxe, entre outros datos extraídos do balance oficial das dúas oficinas de turismo da nosa cidade na Praza de España e no Porto de Curuxeiras, que preto de 1.500 persoas tomaron parte o pasado verán (xullo e agosto) nas visitas guiadas ao Ferrol da Ilustración: o Arsenal militar, ao estaleiro de Navantia, o palacio de Capitanía e as visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe.

 

O Castelo é, precisamente, o punto mais visitado de Ferro cun total de 15.300 visitantes tan so contabilizando os que pasaron pola fortaleza nos meses de  xullo, agosto e primeira semana de setembro. Exponav recibiu un total de 10.332 visitantes desde xullo ao 12 de setembro e o Museo Naval, a pesares de contar cun horario moito mais axustado, chegou ás 10.240 persoas.

 

13.976 PERSOAS PASARON NO VERÁN POLAS DÚAS OFICINAS MUNICIPAIS DE TURISMO

 

Outro dato obxetivo que deixa as claras a curva ascendente do turismo na nosa cidade é que neste verán, as oficinas municipais de turismo de Ferrol atenderon a 13.976 persoas, das que 9.235 ( 66% ) foron turistas/visitantes, 3.966 (28,37%) peregrinos e, o resto, consultas locais. O turismo nacional supuxo o 70,78% e o internacional o 21,52% tan só nos meses álxidos de xullo e agosto. Cómpre ter en conta que habida conta das novas tecnoloxías, non resulta sinxelo calcular o número total de visitantes xa que unicamente podemos tomar como referencia aqueles que pasan polas oficinas e non se contabiliza os que non o fan, e que se documentan nas redes para a viaxe.

Entre os turistas nacionais que máis nos visitaron en xullo e agosto, por comunidade de orixe, destacaron as seguintes: Madrid (26,81%, chegando en agosto ao 28,82%), Andalucía (15,89%, sendo en xullo o 18,61%), Castela-León (7,7%, chegando en xullo ao 9,62%), Galicia (7,09%), Comunidade Valenciana (7,03%), Cataluña (6,83% alcanzando o 8% en agosto), País Vasco (5'5%, subindo 2 puntos en agosto, até o 7,27%), Castela a Mancha (5,18%) e Asturias (4,56%, sendo en xullo o 5,61%). Nos días de setembro segue a haber unha maior presenza de madrileños, pero xa seguidos dos turistas procedentes de Castela-León (13,62%), Cataluña (9,67%) e logo de Andalucía e Valencia (ambas as comunidades cun 9,12%). Pola súa banda, o turismo interior, da propia comunidade galega, aumenta ao 8,85%.

Os turistas internacionais que máis elixiron Ferrol en xullo e agosto proceden de Italia (38,92% chegando ao 44,99% en agosto); seguidos de Alemaña (10,98% chegando ao 13,26% en xullo); Francia (10,35%); UK (7,11%, chegando en xullo ao 9,43%); Portugal (5,85%, subindo 2 puntos en agosto até o 7,96%). Nos días de setembro o ranking do turismo internacional non varía, estando á cabeza Italia novamente (25,69%).

 

Por idade, para trazar un perfil do visitante medio, a gran maioría dos turistas e visitantes de Ferrol teñen entre 31 e 60 anos (62%), seguidos dos menores de 30 anos, que foron o 22,80% e, por último, os maiores de 60 anos supuxeron o 15%. A pregunta de como coñeceron Ferrol, o 27,38% por un blog de viaxes, chegando a cifra ao 47,51% en xullo; o 17'47% a través dunha revista de viaxes; un 11,90% por amigos e familiares, aínda que en agosto foi o 14,76%; o 6,84% ao viaxar con axencia de viaxes, sendo o 10,66% en xullo; o 4,78% grazas á presenza nas redes sociais (en agosto esta porcentaxe foi superior ao 8%); o 1,90% por radio/TV (en agosto a cifra subiu ao 3,76%).

Entre os turistas de agosto, case un 20% volveu a Ferrol tras unha visita anterior. Esta cifra redúcese ao 14,17% en setembro e ao 7,44% de xullo.

 

ACCIÓNS NA PROMOCIÓN  TURÍSTICA DE FERROL NO 2018

 

Ao longo do 2018, a concellería de Turismo do Goberno de Ferrol, ademais a fondar na promoción do Camiño Inglés, presentou en agosto unha nova web espefícifica que unifica toda a oferta turística do municipio, https://visitferrol.com/

ademais de facer tarefas de apoio a promoción de Ferrol como porto de cruceiros, a participación e patrocinio en eventos internacionais como Pantin Classic Galicia Pro, Equiocio, Meninas de Canido, folletos específicos do Ferrol da Ilustración ou a participación na revista escolar D’excursión, entre outras moitas accións. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar