Novas

mércores, 23 de xaneiro de 2019

O GOBERNO COMPROMETESE A URXIR UNHA NOVA PORTA DE ENTRADA A MALATA E A FACER UNHA FONDA REVISIÓN DO ROCÓDROMO

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, mantiña onte a tarde unha xuntanza cordial e produtiva coa dirección do Club de Montaña de Ferrol Abordaron a situación do rocódromo, habilitar un novo acceso con tarxeta electrónica na Malata e a procura de fórmulas para axilizar cuestións administrativas que demoran os convenios


O GOBERNO COMPROMETESE A URXIR UNHA NOVA PORTA DE ENTRADA A MALATA E A FACER UNHA FONDA REVISIÓN DO ROCÓDROMO

Ferrol, 23 de xaneiro.- Na tarde de onte, o concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, mantiña, tal e como xa avanzara o pasado venres 20, unha xuntanza no Pazo Municipal coa dirección do Club de Montaña de Ferrol. 


Foi, como sempre adoita, unha reunión productiva e cordial, no que se abordaron varias cuestións logo das lexítimas acción reivindicativas deste colectivo na fin de semana; un club que realiza un intenso labor polo que compre felicitalos xa que son quen de adentrar, a moitos veciños e veciñas, tanto socios como afecionados, no amor polo monte e polo camiñar nas distintas actividades que desenvolven. 

Na xuntanza deste martes 22, o concelleiro comprometeuse a implicarse na xestión e urxir a un novo acceso na Malata, para o que se baralla unha porta que permitiría o pase con tarxeta electrónica, ademais de facer unha fonda revisión das instalacións do rocódromo para revisar cuestións diversas como homologacións,... e acondicionar o espazo. 

O concelleiro coincide en que un novo punto de acceso pode ser beneficioso  tanto para o Club de Montaña, como para outros usuarios e entidades. 

Por último, abordaron a complexidade na tramitación administrativa dos convenio que, a miúdo, ralentizan certas cuestións mais do desexado e acordaron explorar fórmulas para solventalo do mellor xeito posible para todos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar