Novas

xoves, 07 de febreiro de 2019

ABRIMOS O PRAZO PARA ANOTARSE NO CURSO DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS

A Concellería de Emprego do Goberno de Ferrol pon en marcha un curso con 15 prazas que se impartirá de febrero a xullo no Centro Municipal de Emprego de Catabois As persoas interesadas teñen que, necesariamente, estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego O prazo remata o venres 15 e a solicitude pódese descargar en www..ferrol.es/emprego


ABRIMOS O PRAZO PARA ANOTARSE NO CURSO DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS

Ferrol, 7 febreiro -   O Goberno de Ferrol, a través da concellería de Emprego, ven de abrir o prazo para solicitar praza no curso AFD (Accións Formativas para Desempregados) de "Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais". O prazo ábrese hoxe 07/02/2019 ate o próximo venres, 15/02/2019. Este curso, co respaldo do Goberno autonómico, terá unha duración de 448 horas.

 

O curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais é un curso con certificado de profesionalidade de nivel 1. Son 15 as prazas dispoñibles e as persoas interesadas teñen que, necesariamente, estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Ese é o único requirimento de acceso a este curso que se vai a impartir de febreiro a xullo no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, na rúa Sagrada Familia, de Catabois.

O curso, de 9.00 a 14.00h entre os meses de febreiro e xullo nas aulas do centro de emprego de Ferrol terá, ademais, un módulo de práctica profesional en empresa.

As persoas interesadas deberán achegar a documentación seguinte coa súa solicitude:


-Solicitude cumprimentada, pódese descargar na web www.ferrol.es/emprego


 http://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=648


- copia DNI/NIE;

- copia tarxeta de demandante de emprego;

- Curriculum Vitae actualizado;

- certificado ou volante de empadroamento.

 

Este curso capacita, ás persoas que o superen, para distribuír, reproducir e transmitir a información e documentación requiridas en as tarefas administrativas e de xestión, internas e externas, así como realizar trámites elementais de verificación de datos e documentos a requirimento de técnicos de nivel superior con eficacia, de acordo con instruccións ou procedementos establecidos.


Este profesional desenvolve a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou público, principalmente en oficinas, despachos ou departamentos de administración ou servizos xerais. Está presente en todos os sectores productivos, así como na Administración Pública, destacando polo seu alto grao de transectorialidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar