Novas

xoves, 07 de febreiro de 2019

80 TRABALLOS DE 18 CENTROS DE ENSINO TOMARON PARTE NA V EDICIÓN DOS PREMIOS LITERARIO CARMELA LOUREIRO

A entrega de premios deste certame terá lugar o 9 de marzo no patio do CTB as 12:00 Participaron 18 centros de Primara e Secundaria da comarca nun certame organizado polo Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


80 TRABALLOS DE 18 CENTROS DE ENSINO TOMARON PARTE NA V EDICIÓN DOS PREMIOS LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Ferrol, 6 febreiro -   O Concello de Ferrol ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores da V edición do Certame Literario 'Carmela Loureiro', de microrrelato, micropoesía e microteatro, que se convoca cada ano desde o municipio a través do departamento de Normalización Lingüística e da Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra (CENL).

Un xurado, presidido polo concelleiro de Normalización, e integrado por membros do CENL, alumnos dos centros participantes e unha persoa destacada do mundo da lingua e da literatura elixiu aos gañadores desta IV edición no que se seleccionaron, na fase intercentros, un total 80 proxectos: micropoesía (27);  microrrelatos (37); microteatro (3) de 18 centros educativos: CEIP, CPR e IES

 

O xurado do V Certame Literario Carmela Loureiro estivo integrado por  Magdalena González, e Aitana Tizón, como representantes do alumnado;  Ana Varela Miño, representante do mundo da literatura e da lingua (tradutora e poetisa); Paulo Filgueiras Fachal,  representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, o concelleiro de Normalización, Álvaro Montes e Beatriz Bascoy, como secretaria do mesmo.

 

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 9 de marzo, ás  12.00 horas no patio do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

 

Os gañadores foron seleccionados conforme cos  criterios de valoración como  a  calidade e fluidez na redacción, o uso correcto da lingua, a capacidade de síntese e cohesión, imaxinación e orixinalidade, manexo e riqueza de vocabulario e capacidade de “impactar” no lector ou lectora.

 

Centros de ensino participantes nesta V edición:

 

CEIP Manuel Masdías

CPR Ludy

CPR Belén

CPR Sagrado Corazón

CPR Tirso de Molina

CPR Cristo Rey

CEIP Os Casais

CEIP Juan Lángara

CPI Atios

IES Canido

IES Carvalho Calero

IES Catabois

IES Concepción Arenal

IES Sofía Casanova

IES Ferrol Vello

IES Saturnino Montojo

IES Fernando Esquío

IES Moncho Valcarce

 

Os 18 centros participantes seleccionaron para a fase intercentros 80 traballos que se distribúen por modalidades do seguinte xeito:

 

Microrrelatos: 44

Categoria A: 11

Categoría B: 12

Categoría C: 14

Categoría D:  7

 

Micropoesía:  33

Categoria A:  10

Categoría B:  8

Categoría C:  8

Categoría D:   7

 

Microteatro 2

Categoría D Bacharelato e ciclos formativos: 2

 

Achegamos a relación completa dos premiados, centros, e título das obras seleccionadas como as mellores polo xurado desta V edición.

 

 

Modalidade de microrrelatos

Categoría A, E. primaria

Centro

Autor/a

Premio

A hámster

CPI Atios

Claudia Sande Bahamonde

 

Alberte Patoso

CEIP Juan Lángara

Carmen Fernández Teijeiro

Accésit

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

 

 

 

Escamas

CPR Cristo Rey

Martín  Hoyos Traba

1 premio

 

O que agocha un silencio

 

IES Saturnino Montojo

Rocío Bouza Mira

Accésit

Nalgún lugar da mente

CPI Atios

Nerea Casas Serantes

Accésit

           

Categoría C, 21º ciclo da ESO

Centro

Autor/a

 

Marchou o can

IES Saturnino Montojo

José Almeida Maiz

1 premio

Acompáñame

IES Sofía Casanova

Irene Fernández Arias

Accésit

 

 

 

 

 

 

Categoría D, bacharelato, c, formativos

Centro

Autor/a

 

Papá , óesme

IES Canido

Cristina Vidal Bceiro

1 premio

Rutina

IES Carvalho Calero

Efrén Vázquez Núñez

Accésit

 

 

Modalidade de micropoesía

 

Categoría A , E.Primaria

Centro

Autor/a

 

A gata reverés

CEIP Os Casais

Rocío Formoso Saavedra

1º Premio

Estamos no inverno

CPR LUDY

Rocío Vázquez Díaz

Accésit

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Centro

Autor/a

 

A fiestra

CPR Sagrado Corazón

Inés Lamas Hermida

1º Premio

O imposible

IES Carvalho Calero

Éstrella Márquez Salázar

Accésit

 

 

Categoría C

2º ciclo da ESO

 

 

 

Sentimento

CPR Sagrado Corazón

Patricia Vez López

1 premio

 

 

Categoría D

Bacharelato e ciclos formativos

 

 

 

Lembra

IES C. Arenal

María Pillado Rico

1º premio

 

Soños

IES F.Esquío

Lucía Dopico García

 

Accésit

Adeus

IES Carvalho Calero

Antón Cobelo Allegue

Accésit

 

 

Microteatro

                                                                       

Categoría D

Bacharelato e ciclos formativos

 

 

 

Amada

IES C. Calero

Roi  Saiz Mallo

1ºPremio

Vermello

IES C. Calero

Ana Mayobre Roca

Accésit

                                                                       

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar