Novas

xoves, 07 de febreiro de 2019

ESTE DOMINGO RETOMAMOS O CICLO DE CONCERTOS DE INVERNO DA BANDA FERROLÁ DE MÚSICA NO AUDITORIO DE FERROL

E xa vamos pola VI edición do ciclo de concertos de Inverno-primavera 2019, coa mellor banda no mellor recinto nun concerto aberto e de balde para todos e todas As cinco datas deste novo ciclo que chamamos 'encontros' musicais van de febreiro a xuño. ¿Onde? Os domingos as 12:00 no Auditorio. Consulta aquí todas as datas e non deixes de vir a desfrutalos.


ESTE DOMINGO RETOMAMOS O CICLO DE CONCERTOS DE INVERNO DA BANDA FERROLÁ DE MÚSICA NO AUDITORIO DE FERROL

Ferrol, 6 de febreiro.- Este domingo retomamos o IV  Ciclo de Inverno-Primavera da Banda Ferrolá de Música. Xa vamos pola cuarta edición desta cita de balde coa mellor e no mellor recinto da man da Banda Ferrolá de Música. 

A primera cita, este domingo 10, no Auditorio as 12:00 horas e coa entrada de balde, como sempre, e unha programación musical de altísima calidade. 

As cinco datas deste novo ciclo, que vai de febreiro a xuño, foron presentadas en rolda de prensa este mércores no Concello polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e o director da BFM, Narciso Pillo.  

Serán cinco concertos, denominados 'encontros' con distintas músicas, do 10 de febreiro ao 9 de xuño, sempre en domingo a mediodía para facilitar a asistencia do público familiar. A primeira das cinco citas é este domingo 10 as 12:00 horas no Auditorio. 

10 febreiro: 'Encontro co novo mundo', 

PROGRAMA DO DOMINGO 10
Appalachian overture Op.51, de J. Barnes
Sinfonía 95, 'Del nuevo mundo', de A.Dvorak
Malambo, de A.Ginastera
'El Camino Real', de a.rEED
SingSingSing, de L.Prima

3 de marzo: 'Encontro coa historia',

Interpretaránse pezas simbólicas de momentos cumio da historia moderna. 

28 de abril: 'Encontro con outras culturas',

Aproximación a música francesa e mesmo chinesa. 

19 de maio: 'Encontro coa palabra escrita', 

Obras relacionadas con obras mestras da literatura como Don Quixote ou a Divina Comedia, de Dante. 

9 de xuño: 'Encontro cos nosos compositores', 

Estrea de obras de novos músicos que solicitan a interpretación das súas pezas cunha banda reputada como a Banda ferrolá. Con peticións de músicos e compositores galegos, pero tamén de Canarias ou Aragón. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar