Novas

venres, 08 de febreiro de 2019

THE CAMERAMAN, BLADE RUNNER E O ACORAZADO POTEMKIN, PROTAGONIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DOS CINECONCERTOS 2019

Tres datas: 16 febreiro, 9 marzo e 14 abril para tres proxeccións deliciosas coa música en directo de La Coquette, Seward e Raisa no teatro Jofre a prezo único


THE CAMERAMAN, BLADE RUNNER E O ACORAZADO POTEMKIN, PROTAGONIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DOS CINECONCERTOS 2019

Ferrol, 8 de febreiro.-  Hoxe presentamos a nova e agardada edición dos Cineconcertos 2019, unha aposta singular da Concellería de Cultura, con boísima acollida e un éxito crecente, que combina algunhas das mellores xoias da historia do cine cos delicada música en directo de bandas que compoñen ex profeso para acompañara a proxección. 

 

Desta volta, tal e como anunciaba hoxe en rolda de prensa o concelleiro, Suso Basterrechea, son tres datas de febreiro a abril, con tres propostas que se escriben con letras maiúsculas no sétimo arte e que se van proxectar no teatro Jofre, os sábados 16 de febreiro, 9 de marzo  e 14 de abril, as 21:00 horas, coa música en directo de tres formacións deliciosas: La Coquette, Seward e Raisa. 

 

Unha proposta mais que se suma a nutrida e xa apretada programación cultural deste primeiro semestre do ano 2019.  As citas desta nova edición serán sempre o sábado, a mesma hora: 21:0o horas e as entradas teñen un prezo único de 10 euros.

 

CINECONCERTOS 2019 TEATRO JOFRE

 

16 DE FEBREIRO  21:00 h  The cameraman (Buster Keaton, 1928) 

La Coquette Swing Band  

 

A música de La Coquette Swing Band é unha mistura de swing e gypsy, e para esta película propón unha banda sonora que se nutre do swing americano con influencias manouches. A banda está formada por músicos con centos de concertos ás súas costas. Pablo Vera Serrano (violín), de formación clásica, enseguida derivou os seus intereses musicais hacia o jazz, o flamenco e as músicas étnicas; Javier Cano Sánchez (guitarra), é compositor de bandas sonoras e fundador de Tremenda Jauría; Alejandro Pérez Pou (baixo) é un músico de jazz que ten traballado para numerosos artistas. Tamén é membro de Tremenda Jauría. Luke Shannon ( Buster Keaton) é un fotógrafo que se gaña a vida na rúa sacando retratos dos transeúntes. De poucos recursos económicos e unha cámara que máis ben parece unha lata de conservas, preséntase a un posto de traballo para a Metro Goldwyn Mayer co fin de estar preto de Rally ( Marceline Day), unha secretaria da compañía. The Cameraman é unha das mellores comedias de Buster Keaton, na que demostra unha habilidade para o humor exquisita. Foi, precisamente, a derradeira película muda de Buster Keaton e tamén o primeiro film que realizou para a MGM. Durante anos, esta compañía usou The Cameraman como exemplo do que debía ser unha comedia perfectamente construída, con toques de romanticismo e escenas absolutamente delirantes  

 

 

9 DE MARZO BLADE RUNNER | 21:00 h (Ridley Scott, 1982) 

 

Seward é un colectivo de acción sonora, canción libre e performance en perpetuo movemento cara adiante. Uncut Magazine di que Seward tocan “combustible avant-folk anarchy”, Kristian Davis- Downs confesa que “non vin nada tan impactante como un concerto de Seward” e en Mondosonoro descríbenos en directo como “xeniais, efervescentes, potentísimos e chalados, inclasificables e contaxiosos, máxicos, únicos, encantadores… Sempre queda un con ganas de máis”. Blade Runner é eloxiada como unha das películas máis influíntes de todos os tempos, tanto pola súa ambientación detallada e orixinal, considerada un fito visual postmoderno, como por adiantarse en expor preocupacións fundamentais para o século XXI. A película transcorre nunha versión distópica da cidade de Los Ángeles durante o mes de novembro de 2019. Describe un futuro no que, mediante a enxeñería xenética, fabrícanse humanos artificiais aos que se denomina « replicantes»; emprégaselles en traballos perigosos e como escravos nas «colonias exteriores» da Terra. Fabricados para ser «máis humanos que os humanos» son indistinguibles fisicamente dun humano, aínda que teñen unha maior axilidade e forza física e carecen de empatía.  

 

 14 DE ABRIL| 21:00 h  O ACOIRAZADO POTEMKIN (Sergei M. Einsenstein, 1925) 


Música: Raisa

 

O acoirazado Potemkin é a película máis emblemática do cinema mudo. A banda sonora desta obra mestra do cinema mudo será interpretada en directo por RAISA e o ecléctico guitarrista XISCO ROJO, cuxos estilos combinan o rock e a psicodelia con elementos folk. A súa música caracterízase pola transformación e experimentación cuxa finalidade principal é conmover ao oínte, e conségueno sen deixar indiferente a ninguén. A súa arriscada proposta de luz e psicodelia para a película acompaña emocional e rítmicamente o que acontece na gran pantalla. Este filme foi un dos seleccionados polo goberno ruso en 1925 con motivo da conmemoración do vixésimo aniversario do errado golpe revolucionario de 1905. O acoirazado Potemkin é a sinxela narración dun dos episodios máis coñecidos: o motín que estala a bordo do navío con motivo dunha repartición de carne chea de vermes. A tripulación do Potemkin, cansa do trato vexatorio e inxusto recibido por parte dos oficiais, amotínase fronte ao porto de Odesa e inicia o regueiro revolucionario que sacudiría toda Rusia.  


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar