Novas

luns, 11 de febreiro de 2019

A REFORMA DE ARMAS, UN PASO MAIS PRETO DE TRANSFORMAR O CORAZÓN DA MAGDALENA NUN ESPAZO ABERTO E VIVO

A Mesa de Contratación propón a UTE Prosema Noroeste e Civís Global para a obra de remodelación da Praza de Armas Esta UTE, conformada por dúas empresas galegas, foi a oferta mellor puntuada nun procedemento aberto con pluralidade de criterios e público na Plataforma de Contratación do Sector Público O alcalde, Jorge Suárez, estima que a reforma do corazón da cidade podería principiar en marzo e rematar en outubro transformando a praza nun espazo aberto e vivo


A REFORMA DE ARMAS, UN PASO MAIS PRETO DE TRANSFORMAR O CORAZÓN DA MAGDALENA NUN ESPAZO ABERTO E VIVO

Ferrol, 11 febreiro.-  A Mesa de Contratación Extraordinaria celebrada na mañá deste luns 11 acordou propoñer a UTE Prosema Noroeste-CívisGlobal, formada por dúas empresas galegas, -unha con sede social en Ferrol e a outra de Vigo-, para acometer a obra de reforma da Praza de Armas. Así o avanzaba hoxe o alcalde, Jorge Suárez, en rolda de prensa, ao termo da xuntanza na que se revisou e se conformou toda a documentación achegada pola empresa, trámite preceptivo  para elevar a proposta a Xunta de Goberno Local nos vindeiros días e formalizar a adxudicación.

 

UTE Prosema-Civís foi a proposta mellor valorada (95,63 puntos) das dez que –inicialmente- se presentaron a este procedemento aberto con pluralidade de criterios que se tramitou a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. 


A obra, que saia a licitación por 1.428.000 euros, será adjudicada finalmente por 1.114.000,00 euros. Cómpre salientar que se trata dunha actuación cofinaciable nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER 2014-2020 plurirrexional de España (engloba ao anterior programa operativo de crecemento sostible FEDER 2014-2020), dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado EDUSI “RÍA DE FERROL, CIDADE 2020”.

 

“Imos darlle unha nova faciana a un espazo que xa chegara ao final da súa vida útil cunha proposta apaixoante, gañadora nun concurso de arquitectura como foi ‘Lugar de Todas’, de Carlos Pita Abad, que se vai desenvolver no prazo de seis meses para recuperar o espirito original da Praza de Armas cun entorno axeitado, mais aberto e verde, coa prantación de tilos, vivo, humano e accesible”, manifestaba hoxe o alcalde.

 

Unha vez que se formalice a adxudicación en XGL asinarase o contrato.  O Goberno ten previsto manter unha primeira xuntanza de traballo coa firma, unha vez rubricado o contrato, para a calendarización da obra, cun prazo estimado de execución de oito meses que se poden minorar a seis.

 

 

O alcalde avanzou que a obra podería comezar nun mes e rematar cara o inicio do outono. ‘A reforma de Armas, xunto co mercado de Caranza, pasarela de Santa Mariña e Recimil completa unha serie de obras que se viñan demandando desde hai moitos anos e coas que rematamos o mandato”, remataba Suárez.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar