Novas

luns, 11 de febreiro de 2019

O GOBERNO DE FERROL AVANZA NA CREACIÓN DO APARCADOIRO CHUF E NA URBANIZACIÓN DA RÚA BASANTA

A XGL deste luns 11 aprobou dúas propostas para incluír os proxectos no POS+2019 e axilizar a súa execución


O GOBERNO DE FERROL AVANZA NA CREACIÓN DO  APARCADOIRO CHUF E NA URBANIZACIÓN DA RÚA BASANTA

Ferrol, 11 febreiro.- A Xunta de Goberno Local deste luns, 11 de febreiro, celebrada na Sala de Alcaldes, deu hoxe un paso mais cara a habilitación dun aparcadoiro disuasorio do CHUF, a carón do complexo hospitalario de Ferrol, nunha parcela de titularidade municipal.  Este proxecto vaise financiar con cargo ao POS+2019, cun primeiro orzamento estimado en 296.619,40 euros para acometer o proxecto básico e de execución e estudo de saúde e seguridade do mesmo.

 

'Unha antiga e necesaria demanda da veciñanza, dos traballadores e da propia xerencia que xa nos amosaron a súa satisfacción por darlle pulo a esta intervención', manifestaba hoxe o rexedor ao remate da XGL

 

No concreto, o Goberno local remite a Deputación unha proposta non división en lotes do proxecto de xeito que se axilice a execución deste aparcadoiro disuasorio para dar servizo ao Arquitecto Marcide

 

Do mesmo xeito, a XGL aproba unha segunda proposta de non división en lotes dun proxecto pendente desde os anos 90 -e longamente comprometido pero non executado por anteriores corporacións-, como é a urbanización da rúa Basanta, (fase II) no barrio de San Xoán, que tamén se incluirá no Pos+2019. Neste caso, o investimento ascenderá  a 525.908 euros. 

 

Ademais, ao respecto de varios asuntos de trámite, hoxe quedaron prorrogados os contratos do servizo de xestión da Aula de Ecoloxía Urbana, que está a repuntar nos últimos tempos con alta demanda nos cursos e actividades programado; o servizo de defensa xudicial e asistencia xurídica do Concello de Ferrol a UTE Pieltain-Fuertes e Lama&Abogados, que o ven prestando nos últimos catro anos –prorrogados dous mais- e o contrato do subministro por prezo unitario de papel de reprografía e diverso material de imprenta para as dependencias do Concello de Ferrol por 15.000 euros.  Por último, foi  aprobada unha relación de facturas por distintos servizos prestados ao Concello de Ferrol por un importe de 185.104, 97 euros. 


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar