Novas

luns, 11 de febreiro de 2019

RECÉN SAIDO DO FORNO, BÓTALLE UN OLLO AO MENÚ CULTURAL DESTES DÍAS

O sábado arranca a primeira das tres citas cos cineconcertos deste inverno coa proxección de The Cameraman e a música preciosista de La Coquette en directo Esgotadas entradas para Ara Malikian e Pablo Milanés e ultimas para Calamaro e para Madama Butterfly. Avisados quedade: en Ferrol, a Cultura vai voando


RECÉN SAIDO DO FORNO, BÓTALLE UN OLLO AO MENÚ CULTURAL DESTES DÍAS

Ferrol, 11 de febreiro,. Como todos os luns, aquí vos deixamos un bo petisco de todo o que temos programado para esta semana e as citas as que non podes faltar nos vindeiros días. 


VENRES 15: 
A HORA DO CONTO, CON PABLO PABLÍSIMO 
+DE 3ANOS, BIBLIOTECA, DE BALDE

image.png


SÁBADO 16: CINECONCERTOS
TEATRO JOFRE 21:00 HORAS
ENTRADAS 8 EUROS/10 EUROS NO MESMO DÍA
A VENDA NA WEB WWW.FERROL,ES/JOFRE

 
 
 

CINECONCERTO:
LA COQUETTE SWING BAND + THE CAMERAMAN 
Sábado 16 de febreiro - 21:00h
8€ Anticipada / 10€ Billeteira


A música de La Coquette Swing Band é unha mistura de swing e gypsy, e para esta película propón unha banda sonora que se nutre do swing americano con influencias manouches. A banda está formada por músicos con centos de concertos ás súas costas. Pablo Vera Serrano (violín), de formación clásica, enseguida derivou os seus intereses musicais hacia o jazz, o flamenco e as músicas étnicas; Javier Cano Sánchez (guitarra), é compositor de bandas sonoras e fundador de Tremenda Jauría; Alejandro Pérez Pou (baixo) é un músico de jazz que ten traballado para numerosos artistas. Tamén é membro de Tremenda Jauría.
Luke Shannon ( Buster Keaton) é un fotógrafo que se gaña a vida na rúa sacando retratos dos transeúntes. De poucos recursos económicos e unha cámara que máis ben parece unha lata de conservas, preséntase a un posto de traballo para a Metro Goldwyn Mayer co fin de estar preto de Rally ( Marceline Day), unha secretaria da compañía. The Cameraman é unha das mellores comedias de Buster Keaton, na que demostra unha habilidade para o humor exquisita. Foi, precisamente, a derradeira película muda de Buster Keaton e tamén o primeiro film que realizou para a MGM. Durante anos, esta compañía usou The Cameraman como exemplo do que debía ser unha comedia perfectamente construída, con toques de romanticismo e escenas absolutamente delirantes  

Próximas datas: 
  • 09/03/19 - 21:00h - CINECONCERTO: SEWARD + BLADE RUNNER
  • 14/04/19 - 21:00h - CINECONCERTO: RAISA + O ACOIRAZADO POTEMKIN 
DOMINGO 17, 

AULA DE ECOLOXÍA URBANA
OBRADOIRO DE COSMÉTICA PARA ADULTOS
11:30-13.30 HORAS 

https://www.facebook.com/events/493867881141108/

 

image.png
 

E PARA AS SEMANAS VINDEIRAS:

Atentos, últimas entradas para Madama Butterfly. Agotadas para Pablo Milanés, e últimas butacas para Andrés Calamaro.

Non vos despistedes, que voan!!

Aquí vai un pequeno resumo de datas, lugares i eventos para cadrar as axendas e non perder ningún. 



Ultima 
 

Mércores 20 febreiro - TEATRO JOFRE
MADAMA BUTTERFLY
Ópera




 

Xoves 21 febreiro - AUDITORIO
ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Concerto



 
548359_1

Mércores 13 marzo - TEATRO JOFRE
Solistas de la Orquesta de Cámara Andrés Segovia
Concerto




 

Sábado 30 marzo - AUDITORIO
CANTAJUEGO SUPERÉXITOS GIRA 2019-2020
Infantil



 
548359_1

Domingo 12 mayo - AUDITORIO 
FATOUMATA DIAWARA
Concerto




 

Sábado 18 maio - AUDITORIO
ANDRÉS CALAMARO
Concerto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar