Novas

venres, 01 de marzo de 2019

ESTE MARTES 5 AS 9:00 HORAS ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN MAGDALENA-FERROL VELLO, ESTEIRO E A GRAÑA

A selección de beneficiarios será por rigoroso orden de presentación da solicitude e de toda a documentación completa ate esgotar os fondos da convocatoria A memoria programa aprobada no pleno propón 86 intervencións en Magdalena e Ferrol Vello (70), A Graña (6) e Esteiro Vello (10)


ESTE MARTES 5 AS 9:00 HORAS ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS  A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN MAGDALENA-FERROL VELLO, ESTEIRO E A GRAÑA

Ferrol, 1 de marzo.- O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicaba a mediados de febreiro a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello da nosa cidadeao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 do Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (o IGVS) e o Concello de Ferrol.

O prazo para presentalas ábrese ás 9.00 horas da mañá do martes 5 de marzo, é dicir, 15 días hábiles a contar desde o día seguinte da publicación do DOGA do 12 de febreiroÉ importante sinalar que as solicitudes admitiranse por rigoroso orde de entrada no Rexistro ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria pública, ou o número máximo de intervencións permitidas na actual convocatoria.

Cómpre, polo tanto, estar moi atentos ao prazo de presentación de solicitudes -acompañado de toda a documentación requirida e dos impresos, que xa están a disposición da veciñanza na webwww.ferrol.gal/rehabilitacion onde poden atopar, polo miúdo, as bases e requisitos da convocatoria.

Na memoria programa, aprobada en Xunta de Goberno Local o 28 de xaneiro, as 86 intervencións propostas para os tres barrios distribúense do seguinte xeito:


A MAGDALENA-FERROL VELLO: 70 propostas

A GRAÑA: 6 propostas

ESTEIRO VELLO: 10 propostas


A parte pública do investimento ao abeiro deste Plan de Vivenda, que cofinancian tres Administración públicas


Ministerio de Fomento: de 1.866.478,25 euros

Xunta de Galicia: 680.144,68

Concello de Ferrol: 1,897.869,57 euros, -co IVE incluído-, dos que 1,3 serán investidos no barrio de Recimil, de titularidade municipal nos que a iniciativa de rehabilitar correspóndelle a Administración local, non aos particulares.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍAS MÁXIMAS DA SUBVENCIÓN


Serán subvencionables as obras de mellora da eficiencia enerxética, as obras de accesibilidade e execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.


Barrios: A Madgalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello.


Ministerio de Fomento (contías máximas para a iniciativa privada)


12.000,00€ - Para obras que melloren a eficiencia enerxética en ao menos 25%


8.000,00€ - Para as obras de mantemento, mellora das condicións técnicas e de accesibilidade


120€/m2 - Local comercial que participante en elementos comúns. Estas contías máximas poden incrementarse en 1.000€ e 10€/m2 de local comercial se o edificio está catalogado individualmente no Plan Xeral de Ordenación Municipal ou os Plans Especiais de A Magdalena e Ferrol Vello.


A porcentaxe de subvención será do 40% do orzamento protexido(sen IVE) e pode chegar ata o 75% para vivendas habituais e permanentes dos propietarios ou inquilinos que cumpren algún das seguintes condicions:


- ter ingresos inferiores a 3 veces o IPREM (aproximadamente 22.500€/anuais)

- ter mais de 65 anos ou ter unha discapacidade recoñecida no caso de realizar obras de accesibilidade.


Xunta de Galicia:


4.000,00€ - Para vivendas habituais e permanentes dos propietarios ou inquilinos


O porcentaxe de subvención será do 10% do orzamento protexido(sen IVE).


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:


Técnica:

Requírese proxecto ou memoria valorada firmada por técnico competente, dependendo da obra a realizar.

- Licenza, comunicación previa, orde de execución (en función da obra) ou solicitude de licenza en ultimo caso.

- 3 presupostos no caso de obras superiores a 40.000€



Individual:

- Fotocopia DNI

- Documentación xustificativo da propiedade (escrituras, testamentos, certificación catastral, certificado de cargas e dominios)

- Impresos 1 e 2 da convocatoria que recolle datos da propiedade e representación, declaracións, compromisos e autorizacións

- Certificados de estar ao corrente coas administracións públicas


Comunidade:

- CIF, constitución da comunidade, representación coa que se actúa e fotocopia do representante, no caso de estar constituída.

- Acordo da reunión de executar as obras, solicitar subvención, porcentaxe de participación e nomeamento de representante (impreso 4).

- Relación das vivendas e locais (impresos 5)


Persoas Xurídicas:

- CIF, escrituras da constitución da entidade, inscrición no rexistro mercantil (se é o caso).

- DNI do representante, documentación de representación.

-Titulo de adquisición da propiedade.

-Declaración responsable da persoa xurídica (impreso 3), Para a obtención do 75% de subvención e o 10% adicional da Xunta de Galicia:

- Certificado de empadroamento ou compromiso de que a vivenda sexa a habitual e permanente do propietario ou inquilino.

- Declaración da renda (no caso que os ingresos sexan inferior a 3 veces o IPREM.

- Documento que xustifique ser maior de 65 anos no caso de realizar obras de accesibilidade. -Acreditación da discapacidade recoñecida no caso de obras de accesibilidade.


CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS AXUDAS: Será en réxime de concorrencia non competitiva. A selección de beneficiarios será por rigoroso orden de presentación da solicitude e de toda a documentación completa.


O prazo ábrese o martes 5 de marzo, as 9:00 horas, tal e como se indica na publicación do DOGA.


Admitiranse solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria pública, ou o número máximo de intervencións permitidas, dentro dos límites temporais previstos nesta convocatoria.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar