Novas

mércores, 06 de marzo de 2019

‘SÚBETE AO 8 MARZO E CONVERTEO EN INFINITO’, MES DA MULLER E DA IGUALDADE NO CONCELLO DE FERROL

O mércores 6 de marzo entregamos o galardón 8 de Marzo do Concello de Ferrol a científica ferrolá Rebeca Atencia polo seu exemplo impagable Atencia é directora executiva da Fundación Jane Goodall no Congo para a recuperación de primates Mira aquí todos os actos que temos previstos para non perder detalle deste marzo co #FerrolEnLila


‘SÚBETE AO 8 MARZO E CONVERTEO EN INFINITO’, MES DA MULLER E DA IGUALDADE NO CONCELLO DE FERROL

Ferrol,  6 de marzo.- ‘Súbete ao 8 de marzo. Converteo en infinito’. Detrás de esta contundente e clara mensaxe, está a ampla campaña deseñada desde a concellería de Muller e Igualdade do Concello de Ferrol a prol da sensibilización, concienciación, implicación e mobilización para o mes de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller.

A concelleira de Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, comparecía hoxe en rolda de prensa para presentar, polo miúdo, tanto os  actos programados polo Concello.  

 

O acto central, como xa avanzara Ruiz, será a entrega do galardón institucional do 8 M a científica ferrolá Rebeca Atencia, o día 6 as 20:00 horas.  Non obstante, son moitos mais. O programa completo de actos do 8M arranca o día 4 co descolgue da bandeira feminista do frontal do Pazo Municipal, que se iluminará na súa fachada principal en cor lila do 6 ao 8 de marzo. Especial importancia terán o roteiro da incorporación da muller a industria, en colaboración con Navantia, do 7 de marzo (12:00 horas), logo da plantación na pérgola da lembranza do Cantón, nas 11:30.

 

O día 8, na coincidencia coa folga feminista, haberá unha concentración unitaria no Cantón de Molíns as 12:30, manifestaba Ruiz, que facía un chamamento a unidade de acción de todos os colectivos e forzas. Outra actividades sinaladas terá lugar o día 12 de marzo, as 17:00 na colaboración co Clube de Montaña no rocódromo da Malata, ‘Rompendo Teitos de Cristal’, previa inscrición a través das fichas que xa están a vosa disposición na web municipal, tanto para o rocódromo como para o roteiro.

 

Todos os luns, haberá cinefórum feminista na Casa da Xuventude, en réxime de autoxestión e da man dunha entidade como Xeración. Ademais, Igualdade participa dun ciclo coa UDC Fuco Buxán sobre o compromiso en lila, que terá a súa propia gala Ferrol en Lila no CTB o 13 de marzo as 19:30 horas, acompañado de ‘Mulleres Expostas’ en 2 pases no CTB as 19 e as 20:45 horas. Outro dos actos emotivos e moi significativos será a presentación do libro ‘Voces da Memoria con Ollos de Muller, de Ánxela Loureiro, o día 22 de marzo as 20:00 horas.

 

O concello participa dun  compleméntase cunha serie de dúas charlas e unha exposición pictórica na Casa da Muller. Vai o programa completo dos actos. 


DÍA

ACTIVIDADE

HORA E LUGAR

DESENVOLVEMENTO

6 de Marzo

 

Entrega do XI Galardón 8 de Marzo a Rebeca Atencia.

 

Actuación musical do grupo local Superglú.

 

6 de marzo

 

20:00 h

 

Teatro Jofre

 

7 de Marzo

Pérgola da lembranza.

 

 

Roteiro “incorporación da muller na industria”

11:30 h no Cantón de Molíns

 

 

12:00 h saída do autobús en correos cara as instalacións de Navantia.

Plantación dun rosal por cada muller ou menores asasinadas/os por violencia machista.

 

Papel das mulleres no naval con percorrido polas instalacións interiores de Navantia.

 

8 de Marzo

 

Concentración 8M

Saída da casa da muller ás 12:15 e chegada ao cantón ás 12:30.

 

Concentración unitaria ás 12:30 no Cantón de Molín.

Convidar á cidadanía, sindicatos, partidos políticos, asociacións, etc.. a unha concentración unitaria.

A proposta participada foi, aproveitando o entroido, a posibilidade acudir con vestimenta de mulleres relevantes, sufraxistas ou de mulleres de series que poñan na memoria histórica colectiva a relevancia do papel e loita das mulleres.

12 de Marzo

Escalada: Rompendo Teitos de Cristal

17:00 h no Rocódromo Municipal do Estadio da Malata coa colaboración do Clube de Montaña de Ferrol

 

Inscripción previa en rexistro.

 

Actividade deportiva de escalada e performance descolgando carteis con datos retributivos ou sociais discriminatirios hacia as mulleres nun tear no do rocódromo.

 

13 de Marzo

Gala Ferrol en Lila

 

 

Roteiro teatral feminista: “Mulleres Expostas”

Capela do C.C. Torrente Ballester 19:30

 

 

C.C. Torrente Ballester:

1º pase ás 19:00 e 2º pase ás 20:45.

Presenza e convite das protagonistas dos documentais: Chelo Loureiro, Luz Castro, Lorena Cachito, etc...

 

Actrices ferrolterrás protagonizan un roteiro feminista polas instalacións con ton de humor.

22 de Marzo

Presentación do libro “Voces da Memoria con Ollos de Muller” de Ánxela Loureiro.

Capela do C.C. Torrente Ballester 20:00

Inauguración da exposición da memoria histórica de mulleres que fixeron Ferrol.


 

4 de Marzo

Descolgue da bandeira Feminista e lectura da declaración institucional no concello de Ferrol.

 

Pazo Municipal

 

6-7-8 de Marzo

Alumeado da Fachadas Municipais.

 

 

Todos os luns de Marzo

Cine-Forum feminista

Casa da Xuventude 19:00 h ou 20:00 h

Colaboración do Concello con Xeración.

29 de Marzo

Presentación do libro Feminicidio de Carmen Adán e obradoiro feminista mixto.

Casa da Muller do Concello.

 

17:30-19:30 h

Inscripción previa en rexistro.

Colaboración do Concello de Ferrolcoa Deputación Provincial.

 

Previa inscripción para 25-30 persoas coa entrega do libro“Feminicidio”.

30 de Marzo

Somos Semente.

Performance feminista teatral e de folk.

Praza de Amboaxe de mañá.

Colaboración do Concello de Ferrol coa Deputación Provincial.

29 de Febreiro e 1 de Marzo

Ciclo sobre democracia e compromiso en lila: Xornadas Feministas.

Universidade da Coruña, campus de Ferrol.

Colaboración do Concello con Fuco Buxán e a Oficina de Igualdade da UDC, campus de Ferrol.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar