Novas

xoves, 07 de marzo de 2019

ROTEIRO EN FEMININO: A INCORPORACIÓN DA MULLER A INDUSTRIA NAVAL

Esta actividade forma parte do programa de actos deseñado pola Concellería de Muller e Igualdade co gallo do 8M O vindeiro martes 12, escalamos o rocódromo da Malata para rachar cos teitos de cristal


ROTEIRO EN FEMININO: A INCORPORACIÓN DA MULLER A INDUSTRIA NAVAL

Ferrol, 7 de marzo.- Dentro dos actos organizados polo Concello de Ferrol, desde Muller e Igualdade, co gallo deste 8M, hoxe as 12:00 principiaba o roteiro sobre a incorporación das mulleres a industria naval. 

O percorrido alongouse algo mais de hora e media polo estaleiro de Ferrol e tomaron parte un grupo de mais de 40 mulleres, que previamente se anotaron no Rexistro Municipal, para profundar na propia historia da cidade, a través dos estaleiros, e do papel da muller na industria naval como reflexo da sociedade da época. 

Tal e como sinalaba hoxe a guía do roteiro, durante parte da visita, a incorporación das mulleres ao naval na ría de Ferrol foi moi tardío con respecto a outros sectores productivos e case que anecdótico antes de 1980. As mulleres aparecen nos estaleiro noas bodaturas en calidade de madriñas e de mulleres de, pero sen un perfil profesional propio. 
Por primeira vez na súa historia, na dirección de Navantia, grupo naval público, hai unha muller ao cargo desde xullo de 2018.  Con todo, tal e como o xénero feminino segue a ser aínda minoritario no naval ferrolá, particulamente nos talleres e órganos de dirección. 


Lembrarvos que o vindeiro 12, no rocódromo da Malata terá lugar a actividade 'Rompendo Teitos de Cristal', as 17:00 horas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar